ciencias naturais

Nutrición das prantas.

Co pasar das horas observamos cos nosos propios ollos como se ían tinguindo os pétalos inicialmente brancos das flores que trouxemos e ían collendo fermosas cores. 

Nutrición das prantas.

Traballo sobre os cinco reinos

Na materia de Ciencias da Natureza, os alumnos e alumnas de 6º B, en grupos de traballo, encargáronse de expoñer eles mesmos o que sabían sobre os cinco reinos nos que se clasificamos aos seres vivos.

Foi un traballo de investigación e exposición oral no que demostraron os seus coñecementos e tamén as súas habilidades comunicativas, ademais de desenvolver a capacidade de traballo en equipo.

Foi moi interesante!

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: O SAMAÍN

Aproveitando os contidos relacionados coa alimentación e a saúde, para celebrar o Samaín, fixemos unha receita do máis divertida e sabrosa: plátanos pantasmas.

Ademais, @s nen@s de 2º convidáronnos a comer arañas.

PROPULSIÓN DUN COHETE - 1ºA

O alumnado de 1ºA fixo un lanzamento extraordinario: un cohete. No espazo exterior do centro crearon a súa NASA particular. O vídeo amosa a emoción de tod@s.

LÁMPARA DE LAVA - 1ºB

Co fin de amosar a densidade dos líquidos metemos auga nun recipiente e de seguido engadimos aceite. Vimos perfectamente que subía ao ser máis denso. Finalmente, engadimos unha pastilla efervescente e vimos que o aceite mesturábase e non quedaba no fondo senón que en circuliños ía subindo.

CARREIRA DE GLOBOS - 1ºB

Para seguir demostrando que o aire pesa fixemos unha carreira de globos.

O peso do aire.

Coa regra da mesa vimos que dándolle un golpe cae só. Pero se lle poñemos un folio encima non cae aínda así dándolle o mesmo golpe. Só co peso do aire.

 

O cerebro flota.

Gracias a auga e o ovo vimos como o cerebro está rodeado dun líquido hidrocefálico que o protexe. E podemos comprobar que gracias a el este non rompe.

 

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión