Reacción química do carbonato cálcico dos ósos co ácido acético do vinagre

Este trimestre os alumnos de 6ºA fixeron unha serie de prácticas co obxectivo de profundizar nalgúns contidos que estudaron na área de Ciencias Naturais ao longo do curso.

Unha das prácticas consistiu na observación da reacción química que se produce entre o carbonato cálcico que conteñen os ósos e o ácido acético do vinagre. Tras unha semana cambiando o vinagre cada dous días, puidemos comprobar como os ósos perden a súa rixidez característica e se volven flexibles.

ósos 1

ósos 2

ósos 3

ósos 4

ósos 5

ósos 6

ósos 7

Igualdade, Convivencia e Inclusión