ACCIÓN HUMANA SOBRE O MEDIO NATURAL DE LOUSAME: ESTUDO ECONÓMICO

En 3ºESO estudáronse as causas e consecuencias que teñen as actividades económicas na contorna próxima, neste caso no Concello de Lousame.

Utilizáronse distintos mapas do Sistema de Información Xeográfica de Galicia: usos de solo e litoloxía.

O alumnado realizou fotografías das distintas actividades económicas organizadas por sectores de producción desenvolvidas na contorna e que serviron para unha reflexión sobre o impacto da acción humana sobre o noso concello.

usos do solo litología
 USOS DO SOLO  LITOLOXÍA

 Para ver as fotografías dos sectores económicos que seleccionaron os alumnos de Lousame, preme en "Ler máis".

 

SECTOR PRIMARIO  SECTOR SECUNDARIO SECTOR TERCIARIO
 
Vense árbores taladas que repercuten no medio causando a deforestación de moitos bosques. (Raquel Crespo)

Nesta foto vese a Canteira de Lousame.

Esta repercute no medio natural alternando a paisaxe, pero tamén proporciona materiais para a construcción. (Adán Laranga)

Nesta foto vese un establecemento,bar e estanco que sirve comidas.

Esteticamente o seu impacto visual non e moito xa que parece unha casa comun.O que si que impacta e acusticamente cando hai unha festa,ou celebración similar na que se acumula xente.

     

Nesta imaxe da granxa de polos que se encontra preto de Berrimes apréciase como repercute bastante na paisaxe, xa que se encontra rodeada de leiras e, ainda que pasa unha estrada polo seu lado, destaca bastante.

Grazas a ela dispoñemos deste tipo de carne dentro do noso concello e bastante a man. (Adrián Santiago)

Nesta imaxe vese unha aldea de Lousame , que se encontra no medio do monte. As consecuencias que ten son o  deterioro da paisaxe , xa que para facer as construccións tiveron que talar árbores. (Nerea Tubio)  
     
Nesta imaxe vese un campo sendo sembrado e fertilizado por un tractor. Coa fertilización de terra, os químicos traspasan e contaminan o solo. (Sheila García) Nesta foto pódese ver unha casa en construcción ,o que produce un impacto visual e ademáis contamina o medio porque sempre quedan moitos residuos. (Adrián Carneiro)  
     

Igualdade, Convivencia e Inclusión