Responder ó comentario

O xogo das cifras

Nos grupos de 2º ESO e 3ª ESO  dedicáronse dúas sesións a reproducir cos rapaces  e as rapazas  o popular xogo televisivo das cifras. Consistía no seguinte:

O profesor, en cada partida, escribía cinco números ao chou de entre os seguintes: 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10, 25, 50, 75, 100. Finalmente escribía tamén un número de tres cifras que era o que os alumnos e alumnas tiñan que tratar de conseguir mediante as catro operacións básicas cos cinco números proporcionados e os obtidos a partir deles.

Compre salientar o interese que lle puxeron os rapaces mailas rapazas, así como a competitividade que se despertou entre eles. Cada número exacto foi recompensado con 0,15 puntos que se engadiron á nota media da avaliación, establecendo un máximo por alumno de 0,75 puntos.

Responder

Igualdade, Convivencia e Inclusión