Skip to Content

Actividades

Visita do 2º ciclo de EP ao MELGA

O pasado mes de marzo o alumnado de 2º ciclo, visitou o Museo Etnolúdico de Galicia en Ponteceso. Ricardo Pérez Verdes, o seu creador e impulsor, guiounos polos diferentes espazos e deixounos abraiados cos seu amplos coñecementos sobre os xogos e deportes tradicionais galegos e de moitas outras partes do mundo.

Velaiquí unhas fotos daquel día.

Alumnado do CPI As Revoltas gañador do concurso de Teatro Lido do Concello de Carballo recibidos polo Alcalde de Cabana

Recepción no Concello de Cabana polo Alcalde Don José Muiño.

O PASADO 25 DE NOVEMBRO, O ALUMNADO DE 3º EP GAÑADOR DO CONCURSO DE TEATRO LIDO, FOI RECIBIDO POLO ALCALDE NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO E OBSEQUIADO CUN LIBRO

Màis fotos da recepción:

Os nenos e nenas de 3º e 4º van de excursión

O pasado mércores 14 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria visitamos o Acuario e  Domus na Coruña.

As fotos xa están colgadas na galería.


COÑECENDO AS AULAS ABALAR

O mércores 1 de febreiro  terá lugar ás 19:30 horas, na aula de 5º B de Educación Primaria unha xuntanza para as familias con alumnado que participa no proxecto ABALAR.

As familias de 5º e 6º de Educación Primaria e as de 1º e 2º da ESO poderán observar de cerca a nova infraestructura informática das aulas.

 

Agradecemos de antemán a vosa presenza,

Ana Pose, coordinadora do Proxecto Abalar.

A NOVA BIBLIOTECA

Esta semana estamos de estrea!!

Xa podemos ir á nosa nova biblioteca!!

Eu estou moi contenta porque quedou moi chula!!

Para a semana colgareivos unhas fotiños do noso novo espazo, que é moito máis grande e agradable!!

Recordade que na porta da biblioteca tendes o horario para cada curso.

Espero que disfrutedes moito do voso tempo de lectura!!

Programa experimental de acompañamento escolar en lingua estranxeira

Estimados pais,nais e alumnado:

Comunicámosvos que o alumnado seleccionado para participar no Programa experimental de acompañamento escolar en lingua estranxeira, comezará as clases (repartidas en dúas sesións semanais por grupo,  cun máximo de dez alumnos/as cada un) o vindeiro mércores 18 de xaneiro, no seguinte horario:

 

  • 3º curso: luns e mércores de 17:00h a 18:00h
  • 4º curso: luns e mércores de 18:00h a 19:00h
  • 5º curso: luns e xoves de 17:00h a 18:00h
  • 5º e 6º curso: luns e xoves de 18:00h a 19:00h
  • 6º curso: mércores e venres de 17:00h a 18:00h

 

Lembramos que esta actividade desenvólvese fóra do horario lectivo polo que non haberá servizo de vixilancia no patio, nin de transporte.


Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut