Skip to Content

Actividades xerais de centro

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Traballo realizado na clase de informática polos alumnos e alumnas de 4º ESO.

" VERBAS SEN BÁGOAS"

Desde a biblioteca, e en colaboración co EDLG, participouse no Proxecta a través da posta en marcha dun concurso "Verbas sen bágoas", na que o alumnado da ESO das Revoltas, podía expresar os pensamentos e sentimentos sobre a violencia contra as mulleres, contribuíndo na reivindicación da igualdade de xénero.

Os interesados podedes consultar as bases do concurso, o premio final, así como, coñecer o gañad@r.

Parabéns!!!

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2015/04/14/concurso-verbas-sen-bagoas/

 

https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2015/05/16/fallo-do-concurso-verbas-sen-bagoas/

Exposición "CARTAS DE AMOR"

Entre as actividades que desenvolveron ao longo do curso dentro do programa Proxecta: por 365 sen violencia de xénero, solicitadas á Consellería de Educación está a exposición "Cartas de amor", a cal tivo unha boa acollida entre os membros da comunidada educativa.

Dita exposición contén un total de 12  ilustracións nas que diferente autores plasman situacións que poden darse nas relacións de parella, co obxectivo de que os adolescentes reflexionen sobre elas e muden actitudes cara valores de respecto e igualdade.

Velaquí podedes disfrutar da exposición.

 

 

https://drive.google.com/folderview?id=0B_TWUvHDl2f7fjFnLW1NZXlDaDU0U0E5clFlYkZzOHJwUURndDd4b19HYnNuUVhMREJuQWc&usp=sharing

 

"QUEN BEN TE QUERE...

Outra actividade máis que se realizou nas Revoltas o 25 de novembro pola igualdade de sexos foi elaborar un panel baixo o título "Quen ben te quere..." para que todo membro da comunidade educativa, pero fundamentalmente alumnado, puidese rematar dito refrán popular da forma que considere máis axeitada e así participar na loita contra a violencia de xénero.

Aquí poderedes votar un ollo ao resultado final do panel que estará exposto durante todo o curso 2014/15.

https://drive.google.com/folderview?id=0B_TWUvHDl2f7flZ1b2lVVjJIZlFvNlVtQ1ZzQjZkdndKTC1XSV96OVloYkdsd09lUWV0VTg&usp=sharing

 

Grupo Machina

O pasado venres 16 de xaneiro tivo lugar unha actividade complementaria e extraescolar diferentes ás que se organizan habitualmente no C.P.I "As Revoltas". Recibimos a visita dalgúns dos membros do grupo de rock "Machina", co obxectivo de fomentar entre o alumnado da ESO actitudes e comportamentos contrarios á violencia de xénero, empregando como recurso a música. Durante algo máis dunha hora, explícaronlle aos alumn@s da ESO por que incluíron entre os seus temas a reivindicación pola igualdade de xénero, ademais de ofrecerlles a posibilidade de escoitalos.

Grazas a iniciativas deste tipo, desde os centros educativos podemos contribuir á educación integral do noso alumnado.

 

Carteis a prol da loita contra a violencia de xénero

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado da ESO da noso centro, implicouse na elaboración de diferentes carteis co obxectivo de espertar a sensibilidade da sociedade cara un problema que nos atañe a tod@s erradicar.

"AS REVOLTAS" ÉRGUESE POLA IGUALDADE DE XÉNERO

Este curso escolar 2014/15, o noso centro educativo está integrado no programa PROXECTA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a prol de 365 días de respecto e igualdade de xénero. Por dito motivo, ao longo do curso realizaranse diferentes actividades, tanto desde as titorías como desde os diferentes departamentos didácticos implicados, para promover unha educación igualitaria e non sexista, ademais de contribuir á loita contra a violencia de xénero.
As primeiras iniciativas, tiveron lugar o pasado 25 de novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, tal e como se reflicte nas seguintes fotografías.

 

 

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut