Novidades

DÍA DOS DEREITOS DO NENO

Tagged:  

Achégase o 20 de novembro e na biblio xa temos preparada unha exposición de libros escollidos expresamente polo equipo da Biblioteca. Está decorada con frases escollidas polo alumnado.  A ver se adiviñades que dereitos dos nenos agochan!

Como?! Que non sabedes cales son os dereitos dos nenos e nenas?! Pois neste vídeo poderedes descubrilo:

E para os máis pequenos aquí van algúns exemplos:

RELATOS DE TERROR E DÍA DE NEIRA VILAS

Tagged:  

Chegou a semana do Samagosto e desde a biblioteca queremos compartir con vós uns fabulosos relatos de terror escritos, narrados e ambientados polo alumnado de 3º da ESO especialmente para a ocasión. 

Traballaron arreo para rematalos e facernos pasar un Samaín de medo, así que non perdades máis tempo e premede na imaxe para poder escoitalos e pasar un rato terrorífico!

Tamén aproveitamos para ensinarvos o mural adicado a Neira Vilas que podedes ver no edificio de Primaria. Pasade a velo!

DÍA DA BIBLIOTECA

Tagged:  

Onte día 24 conmemoramos o Día das bibliotecas. Para celebralo, no día de hoxe o alumnado de Infantil e de 3º da ESO visitamos a Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón para realizar con eles algunhas actividades de animación á lectura.

Ademais, desde a biblioteca queremos compartir con vós diversos recursos onde poderedes consultar fondos online de arquivos de institucións, históricos... que non son de doada consulta en formato físico.

Catálogos Biblioteca Nacional de España

Hispana. Aquí atoparedes coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.

Biblioteca Dixital de Galicia

Europeana. Aquí atoparedes todo tipo de fondos organizados por temáticas.

Minerva. Repositorio da Universidade de Santiago de Compostela.

Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

Orella pendella. Páxina de difusión da literatura popular infantil de Galicia

Disfrutádeos e pasade un feliz día!

BENVIDA DA BIBLIOTECA NA SEMANA DAS ESCRITORAS

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos darvos a benvida a un novo curso mostrándovos o marabilloso traballo realizado polo alumnado co gallo do Día das Escritoras. En Infantil e Primaria fixeron un mural con información sobre algunhas das súas escritoras favoritas e en Secundaria o alumnado colaborador da biblioteca elaborou un mural sobre a figura da escritora e feminista Emilia Pardo Bazán, con citas célebres e exemplos da súa obra. Podedes velos na seguinte ligazón ou pasarvos polos edificio de Primaria e Secundaria.

Tamén queremos recordarvos que en breve todo o alumnado que se incorpora en Secundaria e todas as familias que se incorporan ao centro recibirán o seu carné de biblioteca, que vos permitirá retirar material de calquera sección (libros, vídeos...) e levalo en préstamo.

O protocolo de uso da biblioteca será o mesmo ca no curso pasado, aínda que este ano poderase usar a sección de Primaria e todos os ordenadores de Secundaria se poderán usar á vez.

Podedes consultar o protocolo aquí. Agardámosvos na biblio!

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

Tagged:  

Como xa sabedes, mañá 23 de abril celebramos o Día do Libro e desde a biblioteca queremos compartir con vós algunhas das actividades que estamos realizando.

O alumnado voluntario da biblioteca elaborou un vídeo interesándose polas recomendacións lectoras da comunidade educativa. Podedes velo premendo na seguinte imaxe:

As lecturas que nos acompañan na nosa vida axudan a formar as persoas que somos. Desde a biblio retomamos esta idea e plasmámola neste mosaico. Para velo pinchade na imaxe e a continuación acercádea para ver os títulos que a forman.

E se vos pasades polo edificio de Primaria poderedes descubrir uns libros viaxeiros e voadores.

A que estades agardando?

Tamén vos deixamos as nosas recomendacións para que gocedes de boas lecturas.

Feliz Día do Libro!

A BIBLIOTECA EN INSTAGRAM

Tagged:  

A biblioteca xa ten Instagram! Para celebralo e como inauguración imos organizar un concurso de fotografía relacionado coa Paz e Non Violencia.

Síguenos (@biblioforte) e anímate a participar!


CODIFICANDO O NADAL

Tagged:  

Ola a todxs!

Desde a biblio queremos desexarvos moi bo Nadal cunha selección de cancións de Nadal que o alumnado foi seleccionando e subindo a este mural nun código QR. Se vos apetece facer a vosa aportación so tedes que escoller a vosa canción ou escribir un texto, crear o voso código QR e subilo ao padlet. Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ao mural e á explicación de como facer. Animádevos porque é moi sinxelo!

Bo Nadal!

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos informarvos de que o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.

Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida. 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Tagged:  

Este xoves día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e desde a biblioteca queremos convidarvos a celebrar este día con nós participando nas actividades que temos preparadas na sección de Secundaria.

Durante o primeiro recreo poderedes asistir á proxección da curtametraxe "Cuerdas" e durante o segundo recreo haberá un pequeno obradoiro da diversidade onde empregaremos distintas apps e páxinas web que melloran a accesibilidade das persoas con discapacidade.

Ademais, preparamos esta selección de recursos relacionados co tema que seguro vos resultarán interesantes. Para acceder a eles só tedes que pinchar na imaxe. Disfrutádeos e vémonos na biblioteca!

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Tagged:  

Como xa sabedes, o pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Despois de preparar o tema nas clases, o mércores celebramos un pequeno acto no que manifestamos a nosa repulsa ante esta lacra da nosa sociedade cuns lemas reivindicativos, un poema escrito para a ocasión e a formación dun lazo humano. 

Se queredes ver un resumo de como foi o acto pinchade na imaxe que tedes a continuación:

 

APRENDEMOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tagged:  

Como é ben sabido que a maneira de frenar esta lacra social é a través da educación, desde a biblioteca propoñémosvos música, curtas, películas e, por suposto, libros dos que dispoñemos para profundizar neste problema.

Podedes consultalas na seguinte ligazón: http://bibliofortexnvilas.blogspot.com/2020/11/25-de-novembro-todxs-contra-violencia.html

Xuntxs podemos!

CREACIÓNS DO SAMAÍN

Tagged:  

Durante estas semanas o alumnado de Secundaria estivo a traballar en diversas propostas para o Samaín: "calaveritas literarias", elaboración do poema colaborativo "Eu teño medo a..." e un concurso de relatos de terror en inglés. Podedes ver unha mostra das actividades realizadas na seguinte ligazón ao blog da biblioteca:

Noraboa a tod@s @s participantes! Bo traballo!

DÍA DE NEIRA VILAS

Tagged:  

O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día de Neira Vilas, entrañable escritor que dá nome á nosa Biblioteca e que nos visitou nun par de ocasións para compartir con nós a súa sabedoría.

Como pequena homenaxe presentamos este vídeo elaborado polo Equipo de dinamización da Biblioteca sobre a súa figura e narrado polo alumnado colaborador da biblioteca. Non o perdades!

Tamén vos convidamos a sumarse á petición da Fundación Neira Vilas subindo á rede fotografías dos seus libros cun breve comentario. Empregar o cancelo #3novdíadeneiravilas e/ou a etiqueta @fundacionxoseneiravilas.

Animádevos!

lign: center;">

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013