DATAS IMPORTANTES A TER EN CONTA ESTA FIN DE CURSO

Datas importante a ter en conta esta fin de curso:

Do 20 ao 30 de xuño

Período de matrícula Educación Primaria (alumnado novo).

O alumnado matriculado neste curso académico NON ten que presentar formulario de matrícula para o curso 2023/24.  SI debe presentar a autorización da imaxe e da contorna.

Mércores 21 de xuño

Último día de clase.

Entrega de boletíns e publicación de notas de Educación Infantil e Primaria en Abalar.  

Actividade deportiva en favor de Aldeas infantiles (de 11:30h a 14:00h) 

Devolución dos libros do fondo de libros do curso 2022/23. Serán recollidos por cada titor.

2º ESO: Devolución dos ordenadores E-DIXGAL

Xoves 22 de xuño Avaliación en Educación Secundaria.
Venres 23 de xuño

Entrega de boletíns e publicación de notas en Educación Secundaria:

1º ESO: 10.00h, 2º ESO: 10.30h, 3º ESO: 11:00h, 4º ESO: 11:30h

A partir das 14:00h estarán dispoñibles as notas en Abalar

Luns 26 de xuño

De 10:00 a 13:00h: Periodo de reclamación das cualificacións Secundaria.

11:00h: O Xefe de Estudos do IES Pontepedriña estará no noso centro para recoller as matrículas cubertas de 1º de Bacharelato do curso 2023/24.

12:00h: Acto de Graduación de 4º de Educación Secundaria.

Martes 27 Fin do periodo de reclamacións ás 13:00h.
Do 26 de xuño ao 5 de xullo Período de matrícula de Educación Secundaria.

13 de xullo

Data límite de publicación da listaxe provisional do Fondo de libros
26 de xullo Publicacións das listaxes definitivas do fondo libros.
NOTA ACLARATORIA Estamos pendentes da publicación da instrución de comedores.  Cando a publiquen madaremos información e prazo de presentación

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2023-24

Tagged:  

Portada | Xunta de Galicia

ABERTO O PLAZO DE ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2023-2024

FP de GRAO MEDIO e SUPERIOR, RÉXIME ORDINARIO E ADULTOS

Presentación de solicitudes do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas.


Para máis información podedes acceder ao seguinte enlace: Información xeral de admisión. Curso 2023/2024 | Xunta de Galicia 

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NO CENTRO

O alumnado do 3º da ESO A e B realizou un traballo de intervención artística no espazo do Centro. O obxectivo das intervencións artísticas é interactuar cunha situación existente, no noso caso, o despacho de María, o aceso á biblioteca, a conserxería, a entrada da sala de plástica e do departamento de matemáticas, o corredor da primeira planta da ESO, o polideportivo e o comedor. A partir do estudo da figura humana e tendo como inspiración a obra de Julian Opie interpretaron o local escollido de maneira moi creativa.

Deixamos aquí unha mostra e convidamos  toda a comunidade escolar a apreciar o resultado do proxecto.

FESTA DE FIN DE CURSO ANPA O FORTE

Tagged:  

Durante a festa entregaremos unhas mochilas, agasallo que adquirimos grazas á

colaboración do Concello de Boqueixón

SAÍDA Á CASA DO PATRÓN. LALÍN

O 29 de maio, o grupo de  1º de secundaria, visitou  Museo Etnográfico Casa do Patrón, un museo no rural, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. 

Puideran observar como eran as antigas escolas, pasando polos antigos hábitos de vida, oficios esquecidos, unha taberna, un forno ou unha forxa tradicional.

Participaron no obradoiro de “olería castrexa”  e aprenderon a facer un cunco de barro. 

Foi un paseo moi agradábel e educativo no cal trataron temas relacionados a arte, lingua, cultura historia e xeografía galega ademais de tecnoloxía.

Por aquí tedes un enlace para ver o que deu de sí a visita

https://drive.google.com/drive/folders/1uLQMq-PPUn_hCKWG6XWX0vdiER9z6Gk5?usp=sharing

Pasárono en grande.

GAÑADORES DO SORTEO "GAÑA E LE" DA ANPA O FORTE

Tagged:  

Xa temos gañadores do sorteo GAÑA E LE da nosa ANPA 

Tal e como comunicamos no anuncio do concurso , o 17 de maio

celebramos un sorteo virtual, coa colaboración do CONCELLO DE

BOQUEIXÓN, entre todas as familias socias da ANPA

dun vale de 60 € para gastar na librería Lino de Lestedo.

Podedes ver cómo se desenvolveu o sorteo premendo neste vículo:

https://drive.google.com/file/d/17FzG6qvBIWP2QRKc92w2WV4vyYyjHr2-/view?u...

Os gañadores foron a Famillia García Castro.  

Parabéns

Aquí tedes a Zaira recollendo o Vale.

Agora a ler.

A directiva da ANPA O FORTE

FONDO SOLIDADARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL

Tagged:  

A Consellería de Cultura, Educación, Formación ProfesioNal e Universidades vén de publicar a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). 

Alumnado destinatario:

- Alumnado que no curso 2023/24 curse 1º, 2º, 3, 4º, 5º e 6º de Educación primaria. (En 4º e 6º de EP haberá cmbio de libros para adpatarse á LOMLOE)

- Alumnado que no curso 2023/24 curse 1º 2º 3º ou 4º de Secundaria (en 1º, 2º e 3º de Secundaria haberá libro dixital polo que só se poderá solicitar a axuda para a adquisicón de material escolar, se corresponde por renda).

Requisitos:

-Estar matriculado nun centro público nalgún dos curso anteriormente mencionados

- Ter unha renta percápita inferior a 10.000€ no exercico fiscal do 2021 (libros de texto) e inferior a 6.000€ para os vale de material escolar

-  Ter devoltos os libros do curso 2022/23

Resumo da cuantía das axudas

Plazo de presentación de solicitudes:

- Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal sendo necesiario posuir o certificado dixital ou chave 365.

Tamén se poderán presetnar na secretaría do centro, neste caso presentarase unha única solicitude para todos os fillos menores escolarizados no mesmo centro educativo.

Documentación a achegar 

Solicitude - Anexo I e Anexo II

Libro de familia

Para calquer dúbida poden chamar á secretaría do centro no horario que segue:

De 09:30 a13:30H

Tlfno.: 881866779

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación vén de publicar a convocatoria de bolsas para o alumnado con necesidade específica de apoio Educativo (NEAE)

As solicitudes deberán cumprimentarse obrigatoriamente pola internet a través da sede do ministerio  https://sede.educacion.gob.es/sede/login/buscarConvocatoriasInicio.jjsp

E unha vez cuberta e impresa será presentada na secretaría do noso centro para continuar coa súa tramitación.

Calquer dúbida podedes consultala chamando ao teléfono da secretaría ou preguntando pola orientadora Sesé Nemiña

881866784

MESA REDONDA SOBRE PLURILINGÜISMO INCLUSIVO

Hoxe, no Salón de actos do noso centro terá lugar unha actividade sobre plurilingüismo inclusivo organizada polo equipo de dinamización lingüistica do CPI Antonio Orza Couto.

É unha actividade moi interesante e que está dirixida a toda a comunidade educativa.  

Animádevos a asistir

UNHA EXPOSICIÓN PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Promovido pola biblioteca e coa implicación dos distintos departamentos, o alumando puido participar nos obradoiros de escrita de haikus realizados nas clases de Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e Francés. Ilustráronos na clase de Plástica.

O resultado estará exposto durante o mes de abril na entrada do edificio de Secundaria.

OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL

O Servizo de Prevención de Condutas Adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade vai desenvolver próximamente no noso centro un Obradoiro de Benestar Emocional destinado a favorecer a intelixencia emocional do alumnado fomentando a autoestima e a xestión das emocións como ferramentas para potenciar o seu rendemento académico.

Coidamos que o aproveitarán ao máximo!!

SPRING WEEK

Spring Class part one finally finished!! | Skillshare Student Project

O noso centro foi seleccionado pola Consellería de Educación para participar no programa de inmersión lingüística Springweek. Trátase dunha estadía de 6 días nun campamento para a aprendizaxe activa da lingua inglesa que se desenvolverá no lugar dos Peares, na provincia de Lugo xunto con estudantes doutros centros de toda Galicia. A activade terá lugar dende a tarde do domingo 23 de abril ata o a mañá do sábado 29 de abril e o curso seleccionado é 3º de ESO.

No seguinte documento podedes consultar a información completa sobre o programa:

- Dossier informativo

Tamén podedes consultar a información e ver as instalacións no seguinte enlace:

- Springweek - PEARES

É unha actividade totalmente gratuita prevista para todo o alumnado de dito curso. Con todo, o número máximo de participantes é de 25, polo que ao haber un número de alumnos e alumnas superior no noso centro, necesitamos confirmar a disponibilidade e compromiso para a participación.  O alumnado interesado en participar deberá confirmar o seu interese entregando a Autorización para o tratamento do uso de imaxes e vídeos necesario para a actividade ata o xoves 16 de marzo. En caso de haber máis solicitudes que prazas deberá facerse unha selección do alumnado.

- Autorización

PROCESO DE ADMISIÓN - NOVO ALUMNADO CURSO 2023/24

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

1. Vacantes     

2. Instrucións xerais
3. Normativa reguladora
4. Zonas de influencia
5. Criterio complementario
5. Rutas transporte
6. Anexo II ED550B-Solicitude de admisión- Autocompletable

NOTA INFORMATIVA:  TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU A SOLICITUDE DE ADMISIÓN FOI ADMITIDO

NIVEL VACANTES SOLICITUDES

   INFANTIL

19 15
   1º PRIMARIA 6 3

   2º PRIMARIA

3 0
   3º PRIMARIA 5 0
   4ºPRIMARIA 7 0
   5ºPRIMARA 2 0
   6º PRIMARIA 4 0
   1º ESO 10 0
   2º ESO 1 0
   3º ESO 8 0
   4º ESO 29 0
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013