INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NO CENTRO

O alumnado do 3º da ESO A e B realizou un traballo de intervención artística no espazo do Centro. O obxectivo das intervencións artísticas é interactuar cunha situación existente, no noso caso, o despacho de María, o aceso á biblioteca, a conserxería, a entrada da sala de plástica e do departamento de matemáticas, o corredor da primeira planta da ESO, o polideportivo e o comedor. A partir do estudo da figura humana e tendo como inspiración a obra de Julian Opie interpretaron o local escollido de maneira moi creativa.

Deixamos aquí unha mostra e convidamos  toda a comunidade escolar a apreciar o resultado do proxecto.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013