TORNEO INTERCENTROS DE FÚTBOL GAÉLICO

TORNEO INTERCENTROS FÚTBOL GAÉLICO

Clube Estrela Vermella de Fútbol Gaélico estivo a impartir unhas sesións sobre o este deporte co alumando de 5º e 6º de Educación Primaria.  Como @s rapaces o pasaron xenial, ofertóusenos a posibilidade de ir a un Torneo de Fútbol Gaélico entre diferentes escolas. 

Así que o venres 15 fomos convidados a Trazo para compartir unha xornada deportiva xunto con CPI Viaño Pequeno e o CEIP Plurilingüe de Oumar-Urdilde. 

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron nesta xornada de convivencia e deporte.


CAMPIONATO DE CROS. XOGADE

 

O pasado 1 de decembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no CAMPEONATO DE CROS de CENTROS DE ENSINO.

Os/as participantes disfrutaron dun día de actividade física na área recreativa da Magdalena en Castrofeito - O Pino. Ademais de pasar o día cos compañeir@s, o esforzo de Nora Rouco e Jairo Torres (categoría alevín) e de Mara Feijó e Sheyla Carril (categoría infantil) tivo recompensa, posto que foron clasificados e volverán  competir o 15 de Marzo en Porto do Son.

ANDAINA 25 N

O pasado 25 de novembro, no día internacional da eliminación da violencia contra a muller o noso centro, en colaboración co Concello de Boqueixón,  conmemorou esta data realizando unha andaina ao redor das instalacións do colexio para rematar no patio do edifico de primaria onde todos gardamos un minuto de silencio e unha alumna de 4ESO leu un manifesto para rematar co berro de" POLAS QUE NON ESTÁN".

VISITA DE 4ºESO AO CESGA E IGFAE

Tagged:  

O 28 de novembro o alumnado de 4eso realizou unha visita, organizada polo departamento de Tecnoloxía ás instalacións do CESGA e o IGFAE, no campus sur De Santiago. 

No CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) o alumnado puido acceder ás instalacións do súpercomputador Finisterrae e o computador cuántico de recente instalación. 

No IGFAE ( Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) diversos investigadores mostraron i explicaron ao alumnado algúns dos proxectos de investigación, de física de partículas, nos que colabora a institución. 

Moi agradecidos pola boa acollida e as explicacións recibidas!!

ESGRIMA EN SECUNDARIA DA MAN DO CLUBE COMPOSTELA

A pasada semana, o alumnado de 1º a 4º ESO tivo  coñecemento do deporte da Esgrima.

Nas sesións impartidas por @piesgrima a rapazada descubriu o sistema de puntuación, o equipamento e o material eléctrico, ademais de nocións básicas para poder disfrutar e experimentar algún asalto. Marchar, romper, ataque con fondo e ata o contrataque e a parada/resposta.

O material alternativo de plástico, permite facer algún asalto, tan só coa roupa deportiva e unha careta, pero as sesións rematan sempre cun asalto coas equipacións e o material eléctrico. As luces e o marcador, deciden quen gaña en cada clase.

O resultado foi moi satisfactorio. Este é un deporte moi asequible para calquera que desexe vivir de preto unha aventura para todalas idades.

Moitas grazas ao clube Compostela Esgrima e ao programa Corresponsables da Xunta de Galicia

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día internacional dos dereitos da infancia celébrase o 20 de novembro.  No noso centro celebrarémolo co título de: "Día da infancia e da acollida".  

Para visivilizar tal conmemoración todo o alumnado poderá trar ese día un peluche ao colexio.

En Infantil e Primaria realizaremos un mosaico-quebracabezas.   As nenas e nenos portarán as pezas para construílo.

En Secundaria farase un mural no que cada alumno e alumna colocará as figuras que fixeron na materia de Educación Plástica e Visual, uns bonecos en pixama.

Todos os menores teñen dereito a medrar en familia!

III ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE

Banner III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023

O 3 de novembro o alumnado de 4º de ESO e o alumnado de Educación dixital de 3º de ESO acudiu ao III Encontro Galego de Ciberseguridade na Cidade da Cultura.

Organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, é o evento de referencia en materia de ciberseguridade en Galicia, que aglutina a expertos na materia e divulgadores profesionais. Ademais, acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega.

ESPECTÁCULO TEATRAL "O PEQUENO PONI"

Os pasados xoves e venres 26 e 27 de outubro, o alumnado de secundaria asistiu ao espectáculo teatral "O pequeno Poni" da man de Redrum Teatro e do Centro Dramático Galego no Salón Teatro en Santiago de Compostela.

"O pequeno Poni" é un espectáculo dirixido por Álex Sampayo con texto de Paco Bezerra.  Baseado en feitos reais, trata o acoso escolar e a aceptación da divesidade nas aulas.

Esperamos que o aproveitasen e o disfrutasen ao máximo.

CHARLA COA POETA MIRIAM FERRADÁS

Eu, para ti, quería unha pirámide

A poeta galega Míriam Ferradáns visitará o CPIP Antonio Orza couto o vindeiro 9 de novembro a través do programa “Encuentros Literarios” solicitado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura do CPIP Antonio Orza Couto en colaboración coa Biblioteca Xosé Neira Vilas do noso centro. Este programa está organizado polo Ministerio de Cultura y Deporte e pola Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura.

A poeta bueuesa, concretamente da parroquia de Bon, en Beluso, conta cunha intensa actividade poética, tanto na publicación de libros como Nomes de fume (traducida ao catalán e castelán), Habitar unha casa ou Agosto, que recibiron diversos premios literarios, como na doutros textos soltos, charlas, obradoiros e xurados. Ademais recibiu sendos premios xornalísticos polos textos Dalias e Un maínzo de salpublicados en Sermos Galicia - Nós Diario.

Mírian conversará co alumnado de 4ESO sobre o seu proceso creativo e a súa obra e achegará así un anaquiño da intensa produción poética de grande calidade que está asentada xa hai tempo no espazo galego e que verte poesía a outras linguas. Pero sobre todo será unha oportunidade para o noso alumnado de achegarse á persoa e á poeta que será quen de transmitirlle o valor da palabra e do silencio  na poesía, na escrita e na lingua galega.

CONCURSO DE SOMBREIROS DE SAMAÍN

Para celebrar o Samaín no noso centro organizamos un concurso de sombreiros. Usade a vosa imaxinación para elaborar o sombreiro do voso personaxe fantástico ou aterrador. Dámoslle a benvida a todos os seres propios desta festa: bruxas, meigas, trasgos, etc.

Haberá premios para os mellores!

VISITA HISTÓRICO-ARQUEOLÓXICA POLO CONCELLO DE BOQUEIXÓN

Tagged:  

O próximo domingo 29 de outubro temos programada una actividade moi interesante.

Un roteiro arqueolóxico polo noso concello a cargo da empresa TEMPOS ARQUEÓLOGOS e coa colaboración do Concello de Boqueixón

Para anotarvos non tedes máis que cubrir o seguinte formulario

https://docs.google.com/forms/d/1nQQ65D0eTJDA600YQpkP-ROWhurTzySguRUgJJJcmLk/edit 

Animádevos

A directiva da ANPA O Forte

Participación en Digitalweek

Información Digital Week - Só para alumnado seleccionado | CEIP Plurilingüe  Barrié de la Maza (Santa Comba)

Hoxe chegou nova información da Consellería sobre digitalweek que poñemos á disposición das familias. Temos un dossier informativo que adxuntamos (é similar ao que xa se repartiu na reunión da titoría). Ademais entregamos hoxe na clase as fichas de inscrición para o alumnado que recollen información importante e as debidas autorizacións que deben ser asinadas. Cada centro recibiu unha hora de entrada e saída, no noso caso a entrada é o domingo 22 ás 19:00 horas e a saída o sábado 28 ás 13:00. 

O vindeiro luns pola tarde teremos unha reunión no centro coas familias. 

- Información sobre Digitalweek

- Ficha de incscrición

PROCEDEMENTO DE PAGO DOS RECIBOS DE COMEDOR

Estimadas familias:

No día de hoxe, aquelas familias que pagan o comedor escolar, xa terán dispoñible o recibo correspondente ao mes de setembro no espazo abalar. Para acceder ao espazo abalar deberán dipoñer de certificado dixital ou chave 365.

Como sabedes o pago do recibo do comedor escolar pódese facer presencialmente nas oficinas bancarias, telemáticamente a través da web de facenda e tamén telemáticamente a través do espazo abalar (non da aplicación Abalarmóbil)

Para a xestión administrativa do centro é preferible o pago a través deste último medio (espazo Abalar) porque deste xeito recibimos automáticamente o xustificante de pagamento e as familias non  teñen que envialo. Do mesmo xeito,  tampouco enviaríamos nos o recibo a través do alumnado co conseguinte aforro de recursos que iso supón.

Adxuntamos un documento cos pasos a seguir.

Aquelas familias que o curso pasado pagaban o recibo de comedor por esta vía xa non recibirán os recibos en papel.

Agradecemos de antemán a súa colaboración

O equipo directivo

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013