SAÍDA Á CASA DO PATRÓN. LALÍN

O 29 de maio, o grupo de  1º de secundaria, visitou  Museo Etnográfico Casa do Patrón, un museo no rural, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. 

Puideran observar como eran as antigas escolas, pasando polos antigos hábitos de vida, oficios esquecidos, unha taberna, un forno ou unha forxa tradicional.

Participaron no obradoiro de “olería castrexa”  e aprenderon a facer un cunco de barro. 

Foi un paseo moi agradábel e educativo no cal trataron temas relacionados a arte, lingua, cultura historia e xeografía galega ademais de tecnoloxía.

Por aquí tedes un enlace para ver o que deu de sí a visita

https://drive.google.com/drive/folders/1uLQMq-PPUn_hCKWG6XWX0vdiER9z6Gk5?usp=sharing

Pasárono en grande.

GAÑADORES DO SORTEO "GAÑA E LE" DA ANPA O FORTE

Tagged:  

Xa temos gañadores do sorteo GAÑA E LE da nosa ANPA 

Tal e como comunicamos no anuncio do concurso , o 17 de maio

celebramos un sorteo virtual, coa colaboración do CONCELLO DE

BOQUEIXÓN, entre todas as familias socias da ANPA

dun vale de 60 € para gastar na librería Lino de Lestedo.

Podedes ver cómo se desenvolveu o sorteo premendo neste vículo:

https://drive.google.com/file/d/17FzG6qvBIWP2QRKc92w2WV4vyYyjHr2-/view?u...

Os gañadores foron a Famillia García Castro.  

Parabéns

Aquí tedes a Zaira recollendo o Vale.

Agora a ler.

A directiva da ANPA O FORTE

FONDO SOLIDADARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL

Tagged:  

A Consellería de Cultura, Educación, Formación ProfesioNal e Universidades vén de publicar a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). 

Alumnado destinatario:

- Alumnado que no curso 2023/24 curse 1º, 2º, 3, 4º, 5º e 6º de Educación primaria. (En 4º e 6º de EP haberá cmbio de libros para adpatarse á LOMLOE)

- Alumnado que no curso 2023/24 curse 1º 2º 3º ou 4º de Secundaria (en 1º, 2º e 3º de Secundaria haberá libro dixital polo que só se poderá solicitar a axuda para a adquisicón de material escolar, se corresponde por renda).

Requisitos:

-Estar matriculado nun centro público nalgún dos curso anteriormente mencionados

- Ter unha renta percápita inferior a 10.000€ no exercico fiscal do 2021 (libros de texto) e inferior a 6.000€ para os vale de material escolar

-  Ter devoltos os libros do curso 2022/23

Resumo da cuantía das axudas

Plazo de presentación de solicitudes:

- Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal sendo necesiario posuir o certificado dixital ou chave 365.

Tamén se poderán presetnar na secretaría do centro, neste caso presentarase unha única solicitude para todos os fillos menores escolarizados no mesmo centro educativo.

Documentación a achegar 

Solicitude - Anexo I e Anexo II

Libro de familia

Para calquer dúbida poden chamar á secretaría do centro no horario que segue:

De 09:30 a13:30H

Tlfno.: 881866779

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación vén de publicar a convocatoria de bolsas para o alumnado con necesidade específica de apoio Educativo (NEAE)

As solicitudes deberán cumprimentarse obrigatoriamente pola internet a través da sede do ministerio  https://sede.educacion.gob.es/sede/login/buscarConvocatoriasInicio.jjsp

E unha vez cuberta e impresa será presentada na secretaría do noso centro para continuar coa súa tramitación.

Calquer dúbida podedes consultala chamando ao teléfono da secretaría ou preguntando pola orientadora Sesé Nemiña

881866784

MESA REDONDA SOBRE PLURILINGÜISMO INCLUSIVO

Hoxe, no Salón de actos do noso centro terá lugar unha actividade sobre plurilingüismo inclusivo organizada polo equipo de dinamización lingüistica do CPI Antonio Orza Couto.

É unha actividade moi interesante e que está dirixida a toda a comunidade educativa.  

Animádevos a asistir

UNHA EXPOSICIÓN PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Promovido pola biblioteca e coa implicación dos distintos departamentos, o alumando puido participar nos obradoiros de escrita de haikus realizados nas clases de Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e Francés. Ilustráronos na clase de Plástica.

O resultado estará exposto durante o mes de abril na entrada do edificio de Secundaria.

OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL

O Servizo de Prevención de Condutas Adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade vai desenvolver próximamente no noso centro un Obradoiro de Benestar Emocional destinado a favorecer a intelixencia emocional do alumnado fomentando a autoestima e a xestión das emocións como ferramentas para potenciar o seu rendemento académico.

Coidamos que o aproveitarán ao máximo!!

SPRING WEEK

Spring Class part one finally finished!! | Skillshare Student Project

O noso centro foi seleccionado pola Consellería de Educación para participar no programa de inmersión lingüística Springweek. Trátase dunha estadía de 6 días nun campamento para a aprendizaxe activa da lingua inglesa que se desenvolverá no lugar dos Peares, na provincia de Lugo xunto con estudantes doutros centros de toda Galicia. A activade terá lugar dende a tarde do domingo 23 de abril ata o a mañá do sábado 29 de abril e o curso seleccionado é 3º de ESO.

No seguinte documento podedes consultar a información completa sobre o programa:

- Dossier informativo

Tamén podedes consultar a información e ver as instalacións no seguinte enlace:

- Springweek - PEARES

É unha actividade totalmente gratuita prevista para todo o alumnado de dito curso. Con todo, o número máximo de participantes é de 25, polo que ao haber un número de alumnos e alumnas superior no noso centro, necesitamos confirmar a disponibilidade e compromiso para a participación.  O alumnado interesado en participar deberá confirmar o seu interese entregando a Autorización para o tratamento do uso de imaxes e vídeos necesario para a actividade ata o xoves 16 de marzo. En caso de haber máis solicitudes que prazas deberá facerse unha selección do alumnado.

- Autorización

PROCESO DE ADMISIÓN - NOVO ALUMNADO CURSO 2023/24

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

1. Vacantes     

2. Instrucións xerais
3. Normativa reguladora
4. Zonas de influencia
5. Criterio complementario
5. Rutas transporte
6. Anexo II ED550B-Solicitude de admisión- Autocompletable

NOTA INFORMATIVA:  TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU A SOLICITUDE DE ADMISIÓN FOI ADMITIDO

NIVEL VACANTES SOLICITUDES

   INFANTIL

19 15
   1º PRIMARIA 6 3

   2º PRIMARIA

3 0
   3º PRIMARIA 5 0
   4ºPRIMARIA 7 0
   5ºPRIMARA 2 0
   6º PRIMARIA 4 0
   1º ESO 10 0
   2º ESO 1 0
   3º ESO 8 0
   4º ESO 29 0

XOGADE. TORNEO INTERCENTROS DE VOLEIBOL

O mércores 29 de marzo 84 alumnos e alumnas de Secundaria participaron no torneo intercentros de Voleibol organizado polo programa XOGADE no que competiron con alumnos e alumnas de Frades, Touro, O Pino e Trazo.

Foi unha xornada de lecer e deportiva na que comportiron experiencias con alumnado doutros centros.

Os nosos rapaces e rapazas conseguiron o primeiro posto en 1º e 3º de ESO cos equipos formados por:

1º ESO : Dani Cereijo, Mara López, Manuel Rey e Simón Rouco

3º ESO: Damián Castro, Hugo Cereijo e Andrés Devesa

Parabéns a todos!!!

Podedes consultar a clasifiación na segunte ligazón.

TORNEO EUROPEO DE FUTBOL GAÉLICO EN BERLÍN. EUROPEAN FÉILE

Un grupo de 20 alumnos e alumnas de 3º de ESO veñen de desputar un torneo europeo de Futbol Gaélico en Berlín, no que competiron con equipos de distintos paises de Europa representando a Galicia.

A actividade promovida polo Departamento de Educación física e xestionada pola Asociación Galega de fútbol Gaélico, desenvolseuse na fin de semana do 24 marzo. 

Tras varios meses de adestramento o alumnado non chegou a alcanzar as semifinais pero voltou cun merecido trofeo á deportividade polo bo traballo desenvolvido como grupo.

Como centro, non podemos estar máis orgullosos dos noso rapaces e rapazas que voltaron coa mochila cargadiña de experiencias, sen dúbida, inesquecibles para eles.

Parabéns a todos e todas!!!

II CONCURSO HUMORÍSTICO

No CPI Antonio Orza Couto presentamos unha nova edición do noso  concurso humorístico destinado ao alumnado de todas as etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria).
O alumnado poderá contar as súas mellores historias, os chistes mais graciosos e as ocorrencias máis cómicas da súa temática preferida, en galego. Todo isto cun só obxectivo: facer que as/os espectadoras/es escachen coa risa!

Para iso, terán que gravar un vídeo seguindo as instrucións da súa categoría de participación e envialo anexo mediante correo electrónico a endlorzacouto@gmail.com.

O prazo de presentación é até a segunda feira -luns-, 17 de abril.

As categorías son:
Infantil: Un chiste gracioso. Tempo máximo: 1 minuto.
Primaria: Varios chistes graciosos. Tempo máximo: 5 minutos.
Secundaria: Un monólogo humorístico. Tempo máximo: 10 minutos.

O premio consistirá nunha cesta de produtos culturais galegos por valor de 30 € para a persoa gañadora de cada etapa educativa.
As brincadeiras deben realizarse en lingua galega e non poderán ser de carácter machista, racista, homófobo ou denotar calquera outro tipo de discriminación

ALUMNADO QUE ASISTIRÁ A SPRING WEEK

Como resultado do proceso de inscrición no programa de Consellería de Educación “Spring week” tivemos 30 solicitudes de participación. Como o número de prazas concedido é de 25 debimos proceder a seleccionar ao alumnado que participará. Para repartir dunha forma equitativa as prazas, dúas terceiras partes (16) foron concedidas por expediente académico tendo en conta a nota media de 2º de ESO e a nota final da materia de inglés no curso 21-22. As restantes nove prazas foron a un sorteo entre o alumnado restante que se realizou o día 21 de marzo durante o recreo. O alumnado foi notificado e as familias serán notificadas por abalar solicitándolles a información precisa para a inscrición.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013