FUTBOL GAÉLICO ANPA O FORTE

Tagged:  

Estimadas familias:

A actividade de Fútbol Gaélico que ven sendo desenvolvida no noso centro, vai a pasar a ser xestionada dende o mes de outubro de 2023 a través da ANPA O Forte, nas mesmas condicións nas que se viña prestando ata o de agora ( con adestradores do Clube Estrela Vermella e en colaboración coa Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Prxecto Gaélico Escolas).

É unha actividade destinada ao alumnado de Secundaria e 5º e 6º de primaria.

Os horarios da actividade serán os seguintes:

  • Luns: de 17:30 a 19:00h
  • Mércores: de 16:00 a 17:30h

Para inscribirse na actividade debedes cumprimentar o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFK0Q899898FV7YaxqxgWXCkyjLfMboxNWe__fhfgOZtXN4Q/viewform?usp=sf_link

no que deberedes adxuntar o documento de autorización de domicilización bancaria (vale foto)

O prezo variará en función dos días de asistencia á actividade:

Un día: 10 €

Dous días: 15 €

Tódalas actividades teñen un recargo de 5€/mes para as familias non socias.

Aquí tedes un recordatorio do enlace para facervos familias socias: 

https://docs.google.com/forms/d/1PJuqGuLfu01yhIluDVO2XTKgfW78_qwnFmbi6emd7Go/edit?usp=drive_web

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA O FORTE PARA O CURSO 2023/24

Tagged:  
Información das actividades extraescolares para este novo curso 23/24:
Puede ser una imagen de texto que dice "LUNS MAR MARTES MERCORES XOVES Cursos nfantil Primaria Infantil Primaria Infantil Primaria Infantil Primaria (1° a 3°) 14:30 -15:25 Actividade Cocina Pandeireta grupo 1 Judo grupo 1 Fútbol sala Judo grupo 2 Infantil Primaria Pandeireta grupo 2 Infantil- Primaria Zumba Primaria N.T e mecanografía 1 Primaria: 1° a 3° VENRES 15:30 16:30 Actividade Cursos LUNS Fútbol sala Primaria: 4° a 6° MERCORES Baloncesto Primaria VENRES N.T mecanografía 2 Primaria: 4°"

Estamos preparando para ofertar tamén a actividade de futbol Gaélico para 5º e 6º de Primaria e secundaria. Xa vos informaremos cando se poña en marcha.

Custe das actividades:

Cociña: 25 € mes.   Grazas á colaboración do Concello de Boqueixón, durante a actividade, todo o alumnado disporá dun portaalimentos para o transporte das elaboracións que terá que devolver ao final de curso
Pandeireta: 20 € mes
Judo: 15 € mes
Fútbol sala: 20 € mes
Zumba: 20 € mes
Novas Tecnoloxías e mecanografía: 25 € mes
Baloncesto: 20 € mes

A partir da inscrición nunha segunda actividade por familia descontarase 2€ por actividade. Tódalas actividades teñen un recargo de 5€/mes para as familias non socias.

Datas importantes:

- Prazo de inscrición: ata o luns 25 de setembro.

- Publicación das extraescolares nas que se formou grupo (mínimo 8): xoves 28 de setembro.

- Comezo das actividades: luns 2 de outurbro.

- Fin das actividades: venres 31 de maio.

Enlace para a inscripción nas actividades (é preciso cubrilo ainda que xa cubrirades a enquisa de interese enviada o 1 de agosto):  https://docs.google.com/forms/d/1oS-5KjVgMOXPiDRqFf-AT1y_Z64LO1fppY_pWfqyO38/edit

Recordade que tedes que cubrir o documento adxunto para autorizar a domicialización bancaria e subilo cando cubrades o formulario (vale cunha foto)

Enviamos tamén o recordatorio do enlace para facervos familias socias: https://docs.google.com/forms/d/1PJuqGuLfu01yhIluDVO2XTKgfW78_qwnFmbi6emd7Go/edit?usp=drive_web
Un saúdo
A Directiva da ANPA O FORTE.

LISTAXE DE MATERIAL PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Tagged:  

LISTAXE DE MATERIAL PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Conoce todo el material escolar: lista completa - Benioffi

Nas seguintes ligazóns encóntranse as listas de materiais para o alumnado de primaria:

- Material de 1º

- Material de 2º

- Material de 3º

- Material de 4º

- Material de 5º

- Material de 6º

ESCOLA DE TENIS. PLAN CORRESPONSABLES

Estimadas familias:

AVISO: NOVO FORMULARIO con cambio nos días de realización da actividade por mor da disponibilidade das instalacións.

Un ano máis a Federación Galega de Tenis en colaboración co Xunta de Galicia, lanza a escola de tenis no Pavillón do Forte dentro do programa Corresponsables.

A actividade desenvolverase nos meses de outubro e novembro e étotalmente gratuita.

https://docs.google.com/forms/u/0/d/e/1FAIpQLSdR5RG66WnmHFrG3ZbjjdpRnKPj...

Archivo:Logo da Xunta de Galicia (1985).svg - Wikipedia, la enciclopedia  libre

INICIO DAS CLASES

Cómo ahorrar en la vuelta al cole más cara con estos 12 trucos

O inicio das actividades lectivas terá lugar o próximo luns día 11 en horario normal pese ás obras que se están desenvolvendo. As obras no interior dos edificios xa remtaron aínda que no exterior continuarán un mes máis.

INSTRUCIÓNS PARA A RECEPCIÓN DO ALUMNADO O LUNS 11 DE SETEMBRO

Debido ás obras no edificio de Primaria e para facilitar unha recepción ordenada e organizada, o luns 11 de setembro todo o alumnado á súa chegada irá para o patio de secundaria. Alí procederase da seguinte maneira:

- ALUMNADO DE SECUNDARIA

O alumnado de secundaria á súa chegada irá para as pistas deportivas onde agardará a ser chamado para as aulas.

- ALUMNADO DE INFANTIL E 1º e  2º de PRIMARIA

O alumnado de infantil e primeiro e segundo de primaria será recollido polas súas profesoras correspondentes diante da cancela de entrada habitual para conducilos por unha nova entrada cara ao edificio de infantil.

- ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA

O resto do alumnado de primaria irá para o patio do edificio de secundaria. Alí estarán as súas profesoras agardándoos para levalos ás aulas.

PROXECTO MUSIGALÍZATE PREMIADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Estamos de noraboa.

O proxecto Musigalízate elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega liderado polo mestre Santiago Quiroga, vén de ser premiado pola Consellería de Educación como acción innovadora no fomento do uso da lingua galega.

Aquí tedes a cobertura da noticia polo xornal El Correo Gallego

Neste hipervínculo podedes acceder ao blogue onde están todos os traballos feitos polo alumnado nestes últimos meses.

 https://musigaliza-te.blogspot.com/

Nos documentos adxuntos podedes ter acceso á memoria gráfica do proxecto presentado.

Parabéns por esta recompensa ao voso traballo

COMEDOR ESCOLAR 2023/24

Instrucción 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2023-2024.

Todo o alumnado usuario do comedor escolar deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 7 de setembro (recoméndase facelo antes do 31 de xullo.)

            Impreso de autodeclaración 1

Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor ata o 8 de setembro

ANUNCIO APERTURA DE PRAZO

 

                                                   Impreso solicitude colaboración atención comedor escolar  

 

CAMPAMENTO DE VERÁN DE FÚTBOL GAÉLICO

O campamento de verán de fútbol gaélico desenvolverase no noso centro do 10 ao 14 de xullo. No enlace podes consultar o horario.

Horario campamento

FORMULARIOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

Imágenes de Formulario - Descarga gratuita en Freepik

FORMULARIOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

  • Prazo de matrícula Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño (SÓ PARA ALUMNADO NOVO).
  • Prazo de matrícula para Educación Secundaria: Do 26 de xuño ao 5 de xullo

Todo o alumnado ten que presentar no centro a autorización de imaxe e da contorna

- Autorización de imaxe.

- Autorización contorna

EDUCACIÓN PRIMARIA

- Formulario de matrícula 1º Educación primaria

- Formulario de matrícula Educación Infantil

EDUCACIÓN SECUNDARIA

- Formulario de matrícula 1º ESO LOMLOE

- Formulario de matrícula 2º ESO LOMLOE

- Formulario de matrícula 3º ESO LOMLOE

- Formulario de matrícula 4º ESO LOMLOE

- Seguro Escolar (Só 3º e 4º de ESO)

DATAS IMPORTANTES A TER EN CONTA ESTA FIN DE CURSO

Datas importante a ter en conta esta fin de curso:

Do 20 ao 30 de xuño

Período de matrícula Educación Primaria (alumnado novo).

O alumnado matriculado neste curso académico NON ten que presentar formulario de matrícula para o curso 2023/24.  SI debe presentar a autorización da imaxe e da contorna.

Mércores 21 de xuño

Último día de clase.

Entrega de boletíns e publicación de notas de Educación Infantil e Primaria en Abalar.  

Actividade deportiva en favor de Aldeas infantiles (de 11:30h a 14:00h) 

Devolución dos libros do fondo de libros do curso 2022/23. Serán recollidos por cada titor.

2º ESO: Devolución dos ordenadores E-DIXGAL

Xoves 22 de xuño Avaliación en Educación Secundaria.
Venres 23 de xuño

Entrega de boletíns e publicación de notas en Educación Secundaria:

1º ESO: 10.00h, 2º ESO: 10.30h, 3º ESO: 11:00h, 4º ESO: 11:30h

A partir das 14:00h estarán dispoñibles as notas en Abalar

Luns 26 de xuño

De 10:00 a 13:00h: Periodo de reclamación das cualificacións Secundaria.

11:00h: O Xefe de Estudos do IES Pontepedriña estará no noso centro para recoller as matrículas cubertas de 1º de Bacharelato do curso 2023/24.

12:00h: Acto de Graduación de 4º de Educación Secundaria.

Martes 27 Fin do periodo de reclamacións ás 13:00h.
Do 26 de xuño ao 5 de xullo Período de matrícula de Educación Secundaria.

13 de xullo

Data límite de publicación da listaxe provisional do Fondo de libros
26 de xullo Publicacións das listaxes definitivas do fondo libros.
NOTA ACLARATORIA Estamos pendentes da publicación da instrución de comedores.  Cando a publiquen madaremos información e prazo de presentación

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2023-24

Tagged:  

Portada | Xunta de Galicia

ABERTO O PLAZO DE ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2023-2024

FP de GRAO MEDIO e SUPERIOR, RÉXIME ORDINARIO E ADULTOS

Presentación de solicitudes do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas.


Para máis información podedes acceder ao seguinte enlace: Información xeral de admisión. Curso 2023/2024 | Xunta de Galicia 

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NO CENTRO

O alumnado do 3º da ESO A e B realizou un traballo de intervención artística no espazo do Centro. O obxectivo das intervencións artísticas é interactuar cunha situación existente, no noso caso, o despacho de María, o aceso á biblioteca, a conserxería, a entrada da sala de plástica e do departamento de matemáticas, o corredor da primeira planta da ESO, o polideportivo e o comedor. A partir do estudo da figura humana e tendo como inspiración a obra de Julian Opie interpretaron o local escollido de maneira moi creativa.

Deixamos aquí unha mostra e convidamos  toda a comunidade escolar a apreciar o resultado do proxecto.

FESTA DE FIN DE CURSO ANPA O FORTE

Tagged:  

Durante a festa entregaremos unhas mochilas, agasallo que adquirimos grazas á

colaboración do Concello de Boqueixón

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013