Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Novembro 25, 2021 »
Xov

   Un ano máis, a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto sumouse á loita contra a violencia de xénero e para poñer de manifesto a nosa repulsa e mostrar a nosa unión leváronse a cabo as seguintes actividades:

- Acto simbólico no que todo o alumnado e todo o profesorado alzou as mans baixo o lema "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!", tirado do conto creado por Yolanda Neira, Alén loita e acariña, lido e traballado en todas as etapas ao longo do mes de novembro.

- O alumnado de Educación Infantil participou no contacontos Arturo e Clementina.

- O alumnado de Educación Primaria traballou con diversas curtametraxes e cancións relacionadas coa temática da violencia de xénero.

- O alumnado de Educación Secundaria asisitiu ao recitado de lemas e poemas e a exalumna Marina Vidal e Mario, de 3º de ESO, puxeron o broche musical a este día de reivindicación e de unión contra a violencia de xénero.

   Podedes ver un resumo do acontecido premendo no lazo violeta:

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013