Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 26, 2018
O xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO de Música participou no VII Encontro do alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e que está englobado dentro da convocatoria "Musiqueando", que se organiza a nivel de toda España para sacar a música dos centros escolares á rúa.

Nesta edición interpretaron un par de temas que estiveron preparando nas clases, realizaron un obradoiro sobre expresión e xogos vocais, danzas do mundo, percusión afrolatina ou baile tradicional e viviron un día de convivencia musical con alumnado de moitos outros centros de Galicia.

Venres Abril 27, 2018
Luns Abril 30, 2018

O luns 30 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha charla informativa sobre acoso escolar, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

Martes Maio 01, 2018
Mércores Maio 02, 2018
Xoves Maio 03, 2018
O xoves 3 de maio, o Departamento de Orientación do noso CPI organiza unha visita guiada aos centros de ensino CIFP Compostela e IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, onde o alumnado de 3º e 4º de ESO recibirá unha explicación detallada sobre o tipo de ensinanzas ofertadas neses centros e o funcionamento dos mesmos.
Venres Maio 04, 2018
Luns Maio 07, 2018

O luns, 7 de maio, en Compostela, o alumnado de 3ºEP, 4ºEP, 6ºEP e 1ºESO representará ao noso centro na décimo oitava edición do "Correlingua".

Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

Actividade coordinada polo noso Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Educación Física.

Martes Maio 08, 2018

O alumnado de 5º e de 6º de Educación primaria ten o privilexio de participar nun obradoiro de regueifas impartido por Alba María, destacada poeta e regueifeira que estudou  canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e que en 2014  gañou o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. A partir de aí a súa vida artística dou un xiro xa que o premio consistía na gravación dun disco, "Ainda".

Mércores Maio 09, 2018

A garda civil impartirá o mércores 9 de maio unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria.

Hora: de 12:10 a 13:00

Lugar: salón de actos.

Organiza o Departamento de Orientación do centro.

STOP ACOSO ESCOLAR!!!

Xoves Maio 10, 2018
Venres Maio 11, 2018

CHARLA SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e a toda a Secundaria

Hora: de 12:00 a 13:30

Impartida por MARILAR ALEIXANDRE

Organiza o Equipo de Dinamización da Biblioteca.

Actividade aberta ás familias.

Luns Maio 14, 2018
Martes Maio 15, 2018

  Agradecemos aos/ás nos@s amig@s do CEE M. López Navalón (Santiago de Compostela) o artigo publicado no seu blog "Olladas no Navalón", no que fan un resumo da súa participación na I Xornada pola Diversidade, incluíndo tamén un vídeo con imaxes da actividade.

 Podedes velo AQUÍ!

Mércores Maio 16, 2018
Xoves Maio 17, 2018
Venres Maio 18, 2018
Luns Maio 21, 2018
Martes Maio 22, 2018
Resultado de imagen de navega con rumbo

CHARLA INFORMATIVA: NAVEGA CON RUMBO

MARTES 22 DE MAIO

LUGAR: Salón de actos.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e o de 1º e 2º de ESO asistirán a unha charla impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia,  en colaboración coa Xunta de Galiciaenmarcada no Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de internet.

Mércores Maio 23, 2018
Xoves Maio 24, 2018
Venres Maio 25, 2018

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil desfrutaron o pasado 25 de maio dunha saída didáctica polas rúas de Santiago

Fixeron un percorrido pola cidade en tren turístico e remataron a xornada cunha visita guiada ao parque de bombeiros de Santiago

Desfrutaron ao máximo!!

 
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013