CORRELINGUA 2018

Tagged:  
07.05.2018
Europe/Madrid

O luns, 7 de maio, en Compostela, o alumnado de 3ºEP, 4ºEP, 6ºEP e 1ºESO representará ao noso centro na décimo oitava edición do "Correlingua".

Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

Actividade coordinada polo noso Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Educación Física.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013