Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Abril 13, 2018
Martes Abril 17, 2018
Mércores Abril 18, 2018

    Visita guiada á fábrica Santos, en Camporrapado, o mércores 18 de abril. Participa o alumnado de 2ºESO e 4ºESO (Tecnoloxía e Economía).   

Xoves Abril 19, 2018

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación matemática) e APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal), convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO. A caracterísitca principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos participantes son grupos-clase completos.

O noso centro está representado polo alumnado de 3º ESO A e 3º ESO B.

Luns Abril 23, 2018

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, co gallo da conmemoración do día do libro, recibirán no día de hoxe a visita de PERE TOBARUELA,  autor, entre outros títulos,  da "colección Formigas".

Lugar: salón de actos.

Hora: 12:10

DESFRUTADE RAPACES!!!

Martes Abril 24, 2018
Mércores Abril 25, 2018
Xoves Abril 26, 2018
O xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO de Música participou no VII Encontro do alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e que está englobado dentro da convocatoria "Musiqueando", que se organiza a nivel de toda España para sacar a música dos centros escolares á rúa.

Nesta edición interpretaron un par de temas que estiveron preparando nas clases, realizaron un obradoiro sobre expresión e xogos vocais, danzas do mundo, percusión afrolatina ou baile tradicional e viviron un día de convivencia musical con alumnado de moitos outros centros de Galicia.

Venres Abril 27, 2018
Luns Abril 30, 2018

O luns 30 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha charla informativa sobre acoso escolar, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

Martes Maio 01, 2018
Mércores Maio 02, 2018
Xoves Maio 03, 2018
O xoves 3 de maio, o Departamento de Orientación do noso CPI organiza unha visita guiada aos centros de ensino CIFP Compostela e IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, onde o alumnado de 3º e 4º de ESO recibirá unha explicación detallada sobre o tipo de ensinanzas ofertadas neses centros e o funcionamento dos mesmos.
Venres Maio 04, 2018
Luns Maio 07, 2018

O luns, 7 de maio, en Compostela, o alumnado de 3ºEP, 4ºEP, 6ºEP e 1ºESO representará ao noso centro na décimo oitava edición do "Correlingua".

Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

Actividade coordinada polo noso Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Educación Física.

Martes Maio 08, 2018

O alumnado de 5º e de 6º de Educación primaria ten o privilexio de participar nun obradoiro de regueifas impartido por Alba María, destacada poeta e regueifeira que estudou  canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e que en 2014  gañou o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. A partir de aí a súa vida artística dou un xiro xa que o premio consistía na gravación dun disco, "Ainda".

Mércores Maio 09, 2018

A garda civil impartirá o mércores 9 de maio unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria.

Hora: de 12:10 a 13:00

Lugar: salón de actos.

Organiza o Departamento de Orientación do centro.

STOP ACOSO ESCOLAR!!!

Xoves Maio 10, 2018
Venres Maio 11, 2018

CHARLA SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e a toda a Secundaria

Hora: de 12:00 a 13:30

Impartida por MARILAR ALEIXANDRE

Organiza o Equipo de Dinamización da Biblioteca.

Actividade aberta ás familias.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013