Normas e organización, Catálogo, Ligazóns recomendadas

Catálogo

 

 

Biblioteca 

Enlace para acceder ao catálogo da nosa biblioteca

 

 Normas de funcionamento

Organización

Normas e Org. biblioteca

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

a) Procurar non falar en voz alta.

b) Non levar comida ou bebida.

c) Coidar o material, tanto os fondos da biblioteca como o mobiliario. Todos temos dereito a atopalo en bo estado.

d) Axudar a ter ordenada a biblioteca. Se sacas un libro das estanterías, non o coloque ti. Déixao nos carriños para este fin.

e) Se non atopas algo, pídello ao encargado/a ou aos colaboradores/as.

f) Non correr na biblioteca, é un lugar de paz e harmonía, debémolo manter así.

 

ORDENADORES


a) Só poderán ser utilizados polos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e os de Secundaria.

b) Pódense usar nos recreos da mañá e da tarde para realizar traballos de clase. Nos días de choiva tamén se poderán utilizar para xogos educativos se non hai traballos de clase.

c) Antes de utilizalos pedirás permiso ao profesor de garda, quen te apuntará nun caderno.

d) Os ordenadores da biblioteca utilizaranse exclusivamente para buscar información, consultas e xogos educativos, supervisados polo profesor de garda.

e) Non se pode personalizar o escritorio nin gardar documentos persoais.

f) Non poderás utilizalos para xogar, chatear ou acceder a foros que non teñan relación coa actividade académica.

g) Non se poden usar materiais extraíbles ( pen drive, disquete, CD).

 

PRÉSTAMOS

 

a) Os alumnos/as de Primaria e de Secundaria poderán levar os libros (excepto as obras de referencia: enciclopedias, dicionarios) durante quince días con dereito a renovación dunha semana.

Respecta os plazos. Se solidario.

b) Os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria que participen levarán libros e material audiovisual nas mochilas viaxeiras.

c) Os alumnos/as de Primaria e Secundaria poderán coller libros en préstamo nos recreos da mañá ou da tarde.

d) Os alumnos/as que teñen dereito ao préstamo de material audiovisual son os de 5º e 6º de Primaria e os de Secundaria.

O prazo será dunha semana.

Este material préstase os mércores no recreo da tarde.

e) Poderanse prestar as revistas que teñan dous meses de antigüidade.

f) É posible levar libros en préstamo durante o verán. Neste caso o servizo de préstamo realizarase a última semana de xuño.

 

Distribuir contido