INFORMACIÓN PRAZOS VARIOS
Estes prazos son provisionais, puidendo sufrir cambios se as autoridades e a situación sanitaria así o indican.
1- Admisión do novo alumando
O prazo para solicitar praza xa rematou.
Para acceder a 3 anos de infantil hai máis demanda que prazas polo que é necesario facer baremo.
Prazos:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
Os admitidos formalizarán a matrícula no prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo.
2- Matrícula para o alumnado que xa está no centro
Teñen a reserva de praza automática.
- O alumnado que aproba todo en xuño fará a matrícula no prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo.
- O alumnado que use a convocatoria de setembro fará a matrícula no prazo extraordinario en setembro.
3- Recollida de material que quedou nas aulas
A partir do 25 de maio os proxenitores, (os nenos/as NON) poderán vir recoller o material que quedou nas aulas.
Que material se pode recoller?
- Os libros propios do alumno.
- Os libros de texto do Fondo de libros do cole que sexan IMPRESCINDIBLES para o que queda de curso. O resto é mellor non levalos porque haberá que devolvelos máis tarde.
- Material propio que xa non haxa que devolver ao centro.
Estableceranse quendas para repartir o acceso ao edificio e asegurar as medidas
de protección necesarias. Avisarase a través do Abalar móbil ou nesta web.
4- Devolución dos libros en préstamo do Fondo Social. 19 de xuño- 7 de xullo
Unha vez rematado o período lectivo, do 19 de xuño e ata o 7 de xullo aquelas familias ás que se lles emprestaron libros do centro a través do Fondo Social terán que devolvelos.
Establecerase un protocolo e quendas para asegurar as medidas de protección sanitarias necesarias. Avisarase a través do Abalar Móbil ou nesta web.
Se algunha materia non se superou e se fai uso da convocatoria de setembro o seu libro de texto pode devolverse ao rematar a proba de setembro.
O centro agradece que as familias donen os libros que mercaron e non van usar.
5- Fondo social e axudas para material escolar
O prazo para presentar as solicitudes remata o 19 de xuño.
Estas axudas van dirixidas ao alumnado que se vai matricular nalgún curso de Educación Primaria e Secundaria.
Hai tres modalidades:
-Libros do fondo social. Se a familia ten dereito o centro emprestaralle de 1 a 9 libros de texto que despois devolverá en bo estado. A entrega destes libros ás familias farase en setembro.
-Cheque para mercar material escolar. Se a familia ten dereito ao cheque para mercar material escolar avisaremos, a través de Abalar Móbil, de cando pode vir recollelo ao centro.
-Cheque para mercar libros do fondo social. Esta opción acontece nos cursos nos que se cambie a editorial do libro. As familias con dereito a préstamo de libros, neste caso, recibirán un cheque para mercar de 1 a 9 libros na librería, pero serán propiedade do centro e terán que devolvelos cando remate o curso. Se a familia ten dereito ao cheque para mercar libros avisaremos, a través de Abalar Móbil, de cando pode vir recollelo ao centro.
O alumnado dos cursos que participan en Edixgal: 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO non pode acceder aos libros do fondo social nin ao cheque para mercar libros pero sí poden solicitar o cheque para material escolar.
Instrucións e información para solicitude de todas estas axudas na nosa web, picando aquí.