Skip to Content

Abalar Móbil

CoVirtual Alfonso VII

Proxecto Edixgal

COVID-19

Información prazos diversos

 

INFORMACIÓN PRAZOS VARIOS

Estes prazos son provisionais, puidendo sufrir cambios se as autoridades e a situación sanitaria así o indican.

 

1- Admisión do novo alumando

 

O prazo para solicitar praza xa rematou.

Para acceder a 3 anos de infantil hai máis demanda que prazas polo que é necesario facer baremo.

 

Prazos:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

Os admitidos formalizarán a matrícula no prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo.




2- Matrícula para o alumnado que xa está no centro 

 

Teñen a reserva de praza automática.

  • O alumnado que aproba todo en xuño fará a matrícula no prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo.
  • O alumnado que use a convocatoria de setembro fará a matrícula no prazo extraordinario en setembro.

 

3- Recollida de material que quedou nas aulas

 

A partir do 25 de maio os proxenitores, (os nenos/as NON) poderán vir recoller o material que quedou nas aulas.

Que material se pode recoller?

  • Os libros propios do alumno.
  • Os libros de texto do Fondo de libros do cole que sexan IMPRESCINDIBLES para o que queda de curso. O resto é mellor non levalos porque haberá que devolvelos máis tarde.
  • Material propio que xa non haxa que devolver ao centro.

 

Estableceranse quendas para repartir o acceso ao edificio e asegurar as medidas

de protección necesarias. Avisarase a través do Abalar móbil ou nesta web.

 

4- Devolución dos libros en préstamo do Fondo Social. 19 de xuño- 7 de xullo

 

Unha vez rematado o período lectivo, do 19 de xuño e ata o 7 de xullo  aquelas familias ás que se lles emprestaron libros do centro a través do Fondo Social terán que devolvelos.

Establecerase un protocolo e quendas para asegurar as medidas de protección sanitarias necesarias. Avisarase a través do Abalar Móbil ou nesta web.

Se algunha materia non se superou e se fai uso da convocatoria de setembro o seu libro de texto pode devolverse ao rematar a proba de setembro.

 

O centro agradece que as familias donen os libros que mercaron e non van usar.

 

5- Fondo social e axudas para material escolar

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 19 de xuño. 

Estas axudas van dirixidas ao alumnado que se vai matricular nalgún curso de Educación Primaria e Secundaria.

 

Hai tres modalidades:

 

-Libros do fondo social. Se a familia ten dereito o centro emprestaralle de 1 a 9 libros de texto que despois devolverá en bo estado. A entrega destes libros ás familias farase en setembro.

-Cheque para mercar material escolar. Se a familia ten dereito ao cheque para mercar material escolar avisaremos, a través de Abalar Móbil,  de cando pode vir recollelo ao centro.

-Cheque para mercar libros do fondo social. Esta opción acontece nos cursos nos que se cambie a editorial do libro. As familias con dereito a préstamo de libros, neste caso, recibirán un cheque para mercar de 1 a 9 libros na librería, pero serán propiedade do centro e terán que devolvelos cando remate o curso. Se a familia ten dereito ao cheque para mercar libros avisaremos, a través de Abalar Móbil,  de cando pode vir recollelo ao centro.

 

O alumnado dos cursos que participan en Edixgal: 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO non pode acceder aos libros do fondo social nin ao cheque para mercar  libros pero sí poden solicitar o cheque para material escolar.

 

Instrucións e información para solicitude de todas estas axudas na nosa web, picando aquí.

 

 

Fondo libros e axudas material escolar para o curso 2020-2021

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

 

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado de Educación Primaria e ESO.

prazo de solicitude remata o 19 de xuño.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes póndese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude editable no propio ordenador picando aquíimprimila e presentala no centro xunto coa documentación requerida .

  • Descargar a solicitude picando aquí, imprimila, cubrila manualmente e presentala no centro xunto co resto da documentación requerida.

 

Para poder cumprir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, estableceranse quendas por curso:

 Datas

Curso no que se matriculará o/a alumno/a

no curso 2020-2021

25 ao 29 de maio 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
 1 ao 5 de xuño  4º, 5º e 6º e Educación Primaria
 8 ao 12 de xuño  ESO

 

Familias con varios irmáns no centro: só presentarán unha única solicitude podendo elexir a quenda que máis lle conveña.

 

Rogamos que veña toda a documentación xa cuberta e preparada para axilizar os trámites e que a permanencia no centro sexa o máis breve posible.

Para máis información: 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Reapertura proceso admisión

 

 

Este prazo é para o alumnado de nova incorporación. 

 

 

Máis información para solicitude picando aquí

Para descargar a solicitude picade aquí

Publicación cualificacións 2º avaliación

 

 

O venres 3 de abril ás 12h publicaranse en Abalar Móbil as cualificacións correspondentes á 2º avaliación.

Anuncio Concello de Caldas

Axudas comedores

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

Lun, 30/03/2020 - 09:34

Picar nas imaxes para ampliar

Ideas para divertirse

 

AVISO 2º AVALIACIÓN

 

Estimadas familias:

A Consellería acordou dar por finalizada a 2º avaliación, polo que as notas da mesma estarán circunscritas aos resultados obtidos  polo alumnado ata o 13 de marzo. Estamos á espera de coñecer a data da publicación das notas. 

 

Moito ánimo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut