Saltar navegación.

Gregorio Baudot

GREGORIO BAUDOT PUENTE

[Colmenar Viejo (Madrid), 1884 - Ferrol, 1938]

estudiou no Conservatorio Madrileño, obtendo os premios en Solfeo, Armonía, Frauta e Composición. Tras titularse en 1906, inicia unha carreira como flautista co Quinteto de Instrumentos de Viento de Pérez Casas, co que realiza unha importante xira americana. Ingresa no corpo de Directores de Bandas de Música Militares e en 1910 é nomeado director da Banda de Infantería de Marina de Ferrol. O resto da súa carreira vai transcurrir en Galicia, coa excepción dun destino en Larache entre 1915 e 1917. A súa obra, de marcado selo postromántico, inclúe dúas óperas (unha delas, Cantuxa), seis zarzuelas, tres esceas dramáticas, catro poemas sinfónicos, catro composicións para solista e orquestra, quince obras para banda civil e dez para banda militar, unha gran misa e sete pezas relixiosas máis, catro mostras camerísticas, tres lied, unha obra para piano, unha para coro, unha para rondalla e algúns exercicios escolásticos. Na súa producción atópase frecuentemente a utilización de melodías tradicionais de Galicia, Campo de Salamanca y Marrocos.