Saltar navegación.

Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Pódese interpoñer recurso de reposición ata o día 22 de abril de 2024

INFORMACIÓN 2023/24

 

IMPRESO RECURSO REPOSICIÓN 2023/24

 

BOLSAS CURSO 2024/25

BOLSAS VINDEIRO CURSO 2024/25 - GRAO PROFESIONAL

 

Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas

 

INFORMACIÓN

 
 

Parabéns Trío Tenuto

Parabéns ao Trío Tenuto que ven de gañar o primeiro premio na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico na categoría de Agrupacións de Cámara!! Estamos moi orgullosos de Jaime Rodríguez Rico (violín), Jacobo Nieto López (violoncello) e Antía Iglesias Fariña (piano) por este merecido premio a tanto traballo e talento. Parabéns tamén a súa profesora Alexandra Pita, por acompañalos incondicionalmente nesta inolvidable experiencia persoal e musical.

Recital de alumnado de Violín

O próximo luns 15 de abril ás 18:00 h terá lugar unha nova audición do alumnado de violín do conservatorio. Entrada libre ata completar o aforo.

Concerto didáctico Clarinete e Piano, Dúo Dagda

Concerto didáctico do Dúo Dagda o próximo venres 19 de abril ás 17:00 h no noso conservatorio. Achégate a coñecer a marabillosa música do clarinete e do piano nas mans de Cristina Bernal (piano) e Antón Seijas (Clarinete). Entrada libre.

Canta con Paixón!

Novo concerto do Peque Coro de Xan Viaño e Peque Coro in crescendo co Coro GE e GP do Conservatorio de Culleredo. O esperado encontro terá lugar o mércores 17 de abril ás 19:30 h no noso Conservatorio.

Curso de Organoloxía do Acordeón

Curso de Organoloxía do Acordeón impartido polo luthier, Javier Alberdi o 24 e 25 de maio do 2024.
Descubre os segredos detrás da maxia musical do acordeón no noso Curso de Organoloxía.
Sumérxete no fascinante proceso de construcción, explora as complexidades das suas partes mecánicas e descubre a orixe das suas ricas sonoridades.
Unha experiencia única para grandes e pequenos entusiastas deste instrumento.
Únete a nós e profundiza no mundo sonoro do acordeón. Máis información en: cmus.xanviano@edu.xunta.gal
Curso organizado polo Departamento de Música Tradicional.

 

GUÍA DO ALUMNADO 23-24

Queda a disposición de todas as familias e alumnado a "Guía do Alumnado - 23-24", documento que resume os aspectos máis relevantes do Centro e que poden ser do voso interese.

Podédelo descargar pinchando na imaxe de abaixo e quedará a vosa disposición na sección de "Alumnado" do bloque da esquerda desta web.

p.23.10.04 - m.23.10.10

Querida Dora, estarás presente sempre na nosa lembranza!

   

     O CMUS Xan Viaño súmase ao pesar polo falecemento de Dorothé Schubarth, a musicóloga e compositora suíza que dá nome a unha das aulas do noso centro.

     A esta buscadora de tesouros musicais gardados na memoria, cando os cantos tradicionais aínda se transmitían nas casas e nas aldeas de xeración en xeración, debémoslle o traballo de gravación, análise, clasificación e estudo, en colaboración co profesor Antón Santamarina, dunha ampla colección de música tradicional galega publicada en sete volumes como Cancioneiro popular galego.

No acto de celebración das Letras Galegas no mes de maio do ano 2017 tivemos a honra de contar con Dora no Xan Viaño, pois acudiu ao noso centro a presentar o seu libro Os cantos do mar.

Achegamos ligazón á web culturagalega.org para quen teña interese en coñecer mellor a súa historia.

 

 

 

   

 

 

Asociacións escolares

O camiño da Asociación Multilateral Ars Europa chega ao seu fin, mais o traballo destes dous anos debe perdurar no recordo e servir de exemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces aos produtos elaborados.

El camino de la Asociación Multilateral Ars Europa llega a su fin, pero el trabajo de estos dos años debe perdurar en el recuerdo y servir de ejemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces a los productos elaborados.

The story of Ars Europe Multilateral Partnership comes to an end, but the work of these two years must endure in the memory and set an example for future experiences. Following: a list of links to products.

Project blog:

Distribuir contido