Saltar navegación.

Jaime Rodríguez Rico. Recital de violín de Fin de Grao Profesional

Jaime Rodríguez Rico. Recital de violín de Fin de Grao Profesional. Luns 6 de maio ás 18:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Mariña M. Hevia. Recital de Contrabaixo Fin de Grao Profesional

Mariña M. Hevia. Recital de contrabaixo de Fin de Grao Profesional. Mércores 8 de maio ás 17:15 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Natalia Fernández San José. Recital de arpa Fin de Grao Profesional.

Natalia Fernández San José. Recital de arpa de Fin de Grao Profesional. Luns 6 de maio ás 17:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Noa Cortizas Fernández. Recital de Piano Fin de Grao Profesional

Noa Cortizas Fernández. Recital de piano de Fin de Grao Profesional. Martes 7 de maio ás 19:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Álex Armán. Recital de Piano Fin de Grao Profesional

Álex Armán. Recital de piano de Fin de Grao Profesional. Mércores 8 de maio ás 19:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Xes Pereira. Recital de Saxofón Fin de Grao Profesional

Xes Pereira. Recital de saxofón de Fin de Grao Profesional. Xoves 9 de maio ás 16:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Parabéns Trío Tenuto

Parabéns ao Trío Tenuto que ven de gañar o primeiro premio na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico na categoría de Agrupacións de Cámara!! Estamos moi orgullosos de Jaime Rodríguez Rico (violín), Jacobo Nieto López (violoncello) e Antía Iglesias Fariña (piano) por este merecido premio a tanto traballo e talento. Parabéns tamén a súa profesora Alexandra Pita, por acompañalos incondicionalmente nesta inolvidable experiencia persoal e musical.

Curso de Organoloxía do Acordeón

Curso de Organoloxía do Acordeón impartido polo luthier, Javier Alberdi o 24 e 25 de maio do 2024.
Descubre os segredos detrás da maxia musical do acordeón no noso Curso de Organoloxía.
Sumérxete no fascinante proceso de construcción, explora as complexidades das suas partes mecánicas e descubre a orixe das suas ricas sonoridades.
Unha experiencia única para grandes e pequenos entusiastas deste instrumento.
Únete a nós e profundiza no mundo sonoro do acordeón. Máis información en: cmus.xanviano@edu.xunta.gal
Curso organizado polo Departamento de Música Tradicional.

 

GUÍA DO ALUMNADO 23-24

Queda a disposición de todas as familias e alumnado a "Guía do Alumnado - 23-24", documento que resume os aspectos máis relevantes do Centro e que poden ser do voso interese.

Podédelo descargar pinchando na imaxe de abaixo e quedará a vosa disposición na sección de "Alumnado" do bloque da esquerda desta web.

p.23.10.04 - m.23.10.10

Querida Dora, estarás presente sempre na nosa lembranza!

   

     O CMUS Xan Viaño súmase ao pesar polo falecemento de Dorothé Schubarth, a musicóloga e compositora suíza que dá nome a unha das aulas do noso centro.

     A esta buscadora de tesouros musicais gardados na memoria, cando os cantos tradicionais aínda se transmitían nas casas e nas aldeas de xeración en xeración, debémoslle o traballo de gravación, análise, clasificación e estudo, en colaboración co profesor Antón Santamarina, dunha ampla colección de música tradicional galega publicada en sete volumes como Cancioneiro popular galego.

No acto de celebración das Letras Galegas no mes de maio do ano 2017 tivemos a honra de contar con Dora no Xan Viaño, pois acudiu ao noso centro a presentar o seu libro Os cantos do mar.

Achegamos ligazón á web culturagalega.org para quen teña interese en coñecer mellor a súa historia.

 

 

 

   

 

 

Asociacións escolares

O camiño da Asociación Multilateral Ars Europa chega ao seu fin, mais o traballo destes dous anos debe perdurar no recordo e servir de exemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces aos produtos elaborados.

El camino de la Asociación Multilateral Ars Europa llega a su fin, pero el trabajo de estos dos años debe perdurar en el recuerdo y servir de ejemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces a los productos elaborados.

The story of Ars Europe Multilateral Partnership comes to an end, but the work of these two years must endure in the memory and set an example for future experiences. Following: a list of links to products.

Project blog:

Distribuir contido