O arquipélago de Cíes está composto por 3 illas: Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes de Agoeiro ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Está situado na bocana da ría de Vigo.
Se voamos por riba do arquipélago de Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e O Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruínas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.
Pertence ao concello de Vigo
Superficie 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas.
Outras figuras de protección Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. ZEC Illas Cíes dende 2014.
Actividade e itinerario proposto: Ruta ao faro de Cíes:
- Recepción e saída do muelle de Rodas
- Lagoa dos Nenos
- Antigo almacén de artillería e mosteiro de San Esteban
- Subida faro- Pedra da Campa- Observatorio de aves
- Comida
Actividades de eliminación de especies invasoras: Será unha actividade guiada polo persoal do propio Parque.
DATA: 26/04/2024
HORA DE PRESENTACIÓN NA SAÍDA: 09:00
HORA ESTIMADA DE REGRESO: 22:00
DESTINATARIOS: ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL.