Skip to Content
         Instagram Facebook 

Xulgados do Social en Vigo

Baixo o marco do módulo de FOL, alumnado de diferentes familias profesionais do CIFP Valentín Paz Andrade, visitaron os días 3, 8 e 10 de abril a Cidade da Xustiza en Vigo para asistir ás vistas celebradas en materia de accidentes de traballo, despedimentos, conflitos laborais, Seguridade Social e outros temas traballados nas aulas deste módulo.

O obxectivo deste programa de ACF é achegar a Xustiza á xuventude para que coñeza o seu funcionamento, con especial incidencia en aspectos que puidesen afectar de xeito directo á súa vida profesional, así como valorar os dereitos e as obrigas que se derivan dunha relación laboral.

Profesorado participante:   Mabel Argibay (coordinadora), Marta Presas, Marjhory Vidal, Silvia De Pablos, Patricia Rivas

 



nova | by Dr. Radut