Eduard de FieldPiece: Master class en Instalación e mantemento.
FieldPiece, unha empresa especializada en ferramentas de medicións eléctricas e tamén especializadas en Frío, estivo presente no centro impartindo unha Master Class moi interesante na familia profesional de Instalacións e Mantemento. Fíxonos unha doazón dunha Bomba de Vacío e un analizador de gases frigoríficos valorado en máis de 1000€.
A esta actividade complementaria á formación dos ciclos, asistiron alumnos e alumnas de 1º CM de frío ordinario, 2º de CM de frio ordinario, 2º CM de Producción de Calor Dual, 1º CS de Instalacións Térmicas, e 2º CS de Instalacións Térmicas.
Grazas a Eduard de FieldPiece polo equipamento e o tempo adicado.
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppazandrade/system/files/novas/Sin%20t%C3%ADtulo_0.png?1710883553)
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppazandrade/system/files/novas/WhatsApp%20Image%202024-03-19%20at%2019.36.45.jpeg?1710883337)
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppazandrade/system/files/novas/WhatsApp%20Image%202024-03-19%20at%2019.36.45-3.jpeg?1710883351)