Skip to Content
         Instagram Facebook 

O IES AUDIOVISUAL de Vigo colabora co CIFP Valentín Paz Andrade.

Alumnado do IES AUDIVISUAL demostrou no CIFP VPA a súa competencia na gravación de secuencias de actividade práctica en ciclos da Familia Profesional de Fabricación Mecánica. Despois da montaxe, estes produtos audivisuais servirán para difundir as características da formación conducente ao Título de Técnico Superior en Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros e á Certificación do Curso de Especialización en Fabricación Aditiva

A estreita relación entre a formación profesional e o tecido empresarial, é fundamental na mellora da competencia a conseguir polo alumnado nos centros educativos. Tamén neste sentido é moi conveniente colaboracións entre os propios centros compartindo recursos, experiencias e servizos.

Grazas ao IES Audiovisual por colaborar con nós!



nova | by Dr. Radut