Skip to Content
         Instagram Facebook 

Mostra de educación e formación de Mos

Como é habitual, o CIFP Valentín Paz Andrade participa nos eventos onde se presenta a oportunidade de dar a coñecer de primeira man as posibilidades formativas que se ofrecen no CIFP. Nesta ocasión foi na Mostra de educación e formación de Mos, onde moita xente nova interesouse pola oferta do centro e especialmente das familias de Madeira, moble e cortiza; Instalacións e Mantemento; e Fabricación Mecánica. Familias das que se levou material e equipamento relacionado coas prácticas dos ciclos asociados.

Como é habitual, o material que se expuxo, coa axuda das explicacións do profesorado e alumnado implicado, causou unha boa expectación entre o público. Moitas grazas a estes pola sua labor.

 



nova | by Dr. Radut