Skip to Content
         Instagram Facebook 

SEPIE

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), adscrito ó Ministerio de Universidades, actúa como Axencia Nacional para a xestión, difusión e promoción do programa Erasmus+ da Unión Europea no ámbito da Educación e a Formación (2014-2020), ademais doutras iniciativas e programas educativos europeos. Así mesmo, coordina e participa en proxectos nacionais e internacionais e ten, ademais, entre as súas funcións a de contribuír a unha maior proxección internacional do Sistema Universitario Español e da súa oferta, así como da mobilidade interuniversitaria de estudantes, profesores e investigadores.

O SEPIE ocúpase de difundir a convocatoria dos programas, fornecer asistencia técnica e asesoramento aos posibles beneficiarios das accións e facer un seguimento adecuado para que as accións previstas consigan os seus resultados.

Para os labores de difusión e seguimento, o SEPIE conta coa colaboración dunha ampla rede de institucións: Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, Universidades, Servizos Públicos de Emprego rexionais, Cámaras de Comercio, organizacións empresariais e sindicais e outras institucións que desenvolven actividades formativas.

 



page | by Dr. Radut