Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Proxectos de Ciclo Superior: Irene López |
O proxecto de Irene GómezIrene escolleu o seu propio nome para o seu proxecto “Irene Gómez” e xorde co fin de ofrecer un produto exclusivo e artesá. Produtos personalizados e adaptados tanto ao gusto como ao poder adquisitivo dos clientes. Prendas nas que a confección realizase unha a unha, coidando moito os acabados, sen estar suxeitas á produción industrial na que se elaboran miles de prendas iguais cuns estándares de calidade baixos. Busca ofrecer prendas atemporais que perduren no tempo, con calidade tanto na patronaxe coma na confección. “Irene Gómez” permítelle ao cliente seguir o proceso produtivo, de xeito que pode ver como e quen elabora a súa prenda. Mantense unha relación moi estreita co cliente, enviándolle os mostrarios dos tecidos e imaxes do proceso de elaboración do produto para fortalecer a relación con el. Elabóranse coleccións que apostan pola sostibilidade, debido á súa produción de proximidade e deseño atemporal.
Vestido con costadillos que dan a sensación de ondas no escote dianteiro, e 6 godets no baixo (4 inseridos en cortes e 2 en costados laterais). Mangas abullonadas con goma elástica a diferentes alturas e costura francesa. A goma do ombreiro e a do pulso van escondidas nun dobradillo dobre. Cremalleira invisible no corte do centro do patrón na espalda. Peto na costura dos costados. Forro interior con vistas no escote. |
Proxectos de Ciclo Superior: Shanti |
O PROXECTO DE SANDRA S.Co motivo desta situación de pandemia que estamos a padecer, moitas persoas fixéronse conscientes do estilo de vida que queren levar, cambiando as présas e o estrés por unha vida máis tranquila e sosegada. Como consecuencia disto, moita xente está apostando de novo polo rural, son máis conscientes á hora de mercar e por elo comezan a apoiar ó comercio local. Ademais de todo isto, a Sandra gústalle o estilo casual e relaxado, decatouse que para mercar a roupa que lle gustaba, era preciso acudir ás grandes cidades, xa que as tendas locais da zona onde reside, ofrecen pouca variedade de produtos e estilos, así como escasa calidade. Por todo isto, Sandra decide por en marcha á marca Shanti, dando a posibilidade de ofrecer prendas de calidade e versátiles nun Concello situado no rural galego para as mozas e mulleres da zona, tendo como guía os seus gustos e estilos, sen a necesidade de ter que desprazarse ata as grandes cidades e vilas para mercar. Prendas únicas, exclusivas, versátiles e funcionais, que permiten a liberdade de movemento e que ben combinadas, poden empregarse tanto para o día como para a noite, conseguindo que as clientes poidan crear un bo fondo de armario con poucas prendas de boa calidade e duradeiras no tempo.. O nome de Shanti, para os amantes do ioga coma Sandra, esta palabra soaralles moito, xa que Shanti significa paz, tranquilidade, benestar ou felicidade. O obxectivo, é que cando alguén entre en Shanti, encontre un lugar tranquilo, con un ambiente cálido, onde a clientela se sinta a gusto e poida observar con calma cada produto. Ademais atoparán un trato único e exclusivo, con prendas que se poden adaptar ás medidas de cada clienta ou prendas feitas á medida, facendo que as clientas síntanse coma na súa casa. Sandra presenta un vestido asimétrico corto fluído, cun corte na cintura, manga xaponesa e volante no escote rematado con cordoncillo ou rulino. O dianteiro, na parte superior, ten uns traslados de pinza a catro pregos que van tombados cara ós costados e na parte inferior, ten dúas pinzas de talle. Nas costas, na parte superior, tamén ten un traslado de pinza a catro pregos tombados cara ós costados e na parte inferior, leva un prego encontrado no centro das costas. O vestido cerra cun cinto á altura da cintura, o cal vai suxeito nos dous extremos superiores dianteiros (entrando o extremo esquerdo polo interior da prenda do costado dereito, saíndo e pasando polas costas ata atar co extremo do lado dereito). Ademais ten dous petos nas costuras dos costados e dúas mangas xaponesas curtas (a altura dos cóbados). A parte exterior do vestido, o volante e o cinto son dun crepe floral. O interior vai rematado con forro e vistas de 3 cm de ancho, que van entreteadas. O forro e vista inferiores van rematas con rulino ou cordoncillo na parte que vai sen coser, unidas ó vestido cunha puntada invisible. Para evitar que o tecido estire, na zona do escote e na dos costados da parte inferior, leva unha ligueta.
|
Curso de emprendemento para o alumnado de 2º de Patronaxe e Moda |
Curso de emprendemento impartido por Marisa GarcíaO alumnado de 2º de patronaxe do ciclo Superior de Patronaxe e Moda. No mes de decembro, recibiron nuha masterclass da modista Marisa García. Ela ten un pequeno atelier na cidade de Ourense, no que desenrrola roupa a medida, tanto como para as novias, madrinas, invitadas, primeiras comunións... Esta masterclass durou 6 horas no que o alumnado aprenderon as técnicas de drapeado e do entolado. Tamén se trataon outros temas como foron os inicios da ponente ou os aspectos que considera importantes para que unha empresa teña éxito.
|
O PROXECTO: Lupis & Lupis |
O PROXECTO DE LUCÍALucía presenta o seu proxecto Lupis & Lupis onde a creatividade, orixinalidade e exclusividade, son o seu selo persoal como xa se ve reflexado no logotipo da empresa. O amor polo animal print , é decir polos looks arriscados, fortes e con visibilidade, prendas atrevidas e femininas. Nace dunha necesidade propia xa que Lucía ten un estilo de vestir bastante definido e gústalle vestir prendas diferentes. Ela considera que outras marcas non ofrecen ,nin a mesma calidade, nin a mesma creatividade nas prendas que ela quere ofrecer.
Aínda que está dirixida a un grupo de persoas bastante amplo, tampouco son prendas para todo o mundo xa que as persoas que vistan prendas de Lupis & Lupis, tanto por formas coma polas cores, irán diferentes ó resto da xente. A idea de Lucía é que calquera prenda que cree, soamente hai unha prenda por talle. Sobre todo diríxese a un público bastante novo e que precisa ir diferente dentro das tendencias actuais da moda.
A elección do nome, Lupis & Lupis, foi bastante persoal, xorde fai varios anos atrás cando Lucía participou no seu primeiro desfile e tiña que escoller un nome para a roupa que presentaba. Lupis é como adoitan chamar a Lucía no seu ámbito familiar, de aquí saíu a idea da marca Lupis & Lupis, unha marca de roupa adaptada a persoas que buscan algo creativo, para persoas atrevidas que buscan exclusividade.
Presenta un mini vestido con pinzas nas costas e no dianteiro, con tul branco drapeado sobre un tecido base estampado, forrado con vistas entreteadas e cremalleira invisible no centro traseiro. Escote corazón no dianteiro e recto nas costas. Mangas ¾ abullonadas na copa cortadas en tul negro. O puño ten dous cortes e unha peza de tul branca drapeada sobre unha base de tecido negra dobre. Nos ombros leva un vivo elástico negro para axustar as mangas.
|
O PROXECTO: AnotheR UniversE |
O PROXECTO DE SANDRA MARIÑOOs gustos persoais de Sandra M., na hora de vestir, van máis polo estilo alternativo, coma o gótico, no que lle encanta somerxerse nos vestidos vitorianos longos escuros, con moitos detalles no seu corsé, cun aire de romanticismo ou de bruxería, tal como se inspira a ilustradora Victoria Francés. Tamén outros coma o grunge, emo; aínda que, decántase máis polo estilo urbano xaponés, no que tamén atópanse moitas sociedades diferentes, coma por exemplo: o visual kei, o cosplay, Lolitas (goth lolita, classic lolita, sweet lolita,...), etc. É dicir, estilos que no noso país son minoritarios, no que o factor da compra en liña (online) é chave para poder comprar roupa destes estilos. A maioría destas marcas pertencen a outros países, ou traballan a un nivel industrializado no que o tallaxe é moi pouco variado, facendo que (en parte) a algúns compradores teñan unha “pequena” sensación de inseguridade o mercar online. Outro factor que Sandra M. ten en conta é, a contaminación. Cada vez estamos máis concienciados no tema, pero aínda así o comercio online cada vez é máis grande. Con isto, Sandra quere poder apoiar o comercio (a ser posible) a nivel nacional, para así reducir custes de emisión de CO2 polo transporte.
A proposta de Sandra M. é AnotheR UniversE, “outro universo”. Elaborou o proxecto e defendeuno en galego. Esta idea emprendedora xorde dunha necesitade tanto propia, como a de darlle a este público unha oportunidade máis de atopar o que queren e que estea preto deles, polo menos, a nivel nacional. Será adicado ós xéneros da moda alternative fashion, no que vai máis centrado ás tribos urbanas coma o gótico vitoriano, urbano, cosplay e lolitas. Por outra banda, a personalización de prendas para este xénero ou colaborar con algún artista local ou nacional (de ilustración con inspiración manga) que sexa seguidor destes xéneros para crear deseños novos para complementos, camisetas ou abrigos. Tamén dar a oportunidade de facer roupa a medida e de axustar algunha medida no tallaxe da prenda a través da tenda online ou física.
O seu slogan é “Be Yourself” ( “se ti mesmo”).
Presenta un conxunto formado por unha blusa e unha saia fruncida con corsé aberta no centro dianteiro. O corsé ten peche con botóns e varillas de 1cm nas costas e de 0’5cm nos demais cortes colocadas no forro. O cruce no dianteiro traspasa un sobre o outro. Os picos que ten o corsé no frontal, adornan e danlle forma e, só son exteriores, pola parte de dentro (forro) vai recto. Baixo rematado con puntada invisible a man. Nas esquinas do baixo van rematadas e pechadas a máquina facendo inglete nos picos e peche da vista. Petos simples. A etiqueta coa razón social e coidado do tecido van na parte de dentro enganchado ó corsé no centro traseiro.
A blusa vai abotoada no centro dianteiro, manga xaponesa, volante con pregues cortado noutro tecido facendo contraste, rematado cun encaixe no escote. Escote rematado con vistas interiores entreteadas.
|
Trabajos de confección a medida- ZM Confección e moda |
As alumnas do ciclo de Confección e Moda de reximen modular; acaban de realizar un vestido para elas a medida. Nos que se encargaron de todo o proceso tanto deseño, patronaxe, corte e confección. ¡Lles quedan como un guante! |
Novos compañeiros |
Hai unhas semanas no departamento de textil, temos novos compañeirxs! Chamados comunmente, gusanos de seda. o seu nome cientifico Bombyx mori. Son os gusanos que convertiranse en mariposas. Estes insectos teñen moita importancia no mundo textil, xa que deles se extrae a seda. Mais be, do seu capullo. Esta técnica foi importada ao pouco tengo de que Occidente coñecese a Oriente. Rapidamente comenzouse a desenrrolar rutas comerciales desta material.
Grazas a este amiguiños poderemos coñecer de primeira mán o proceso da extración da fibra. |
Proxecto de Ciclo Superior: A n d r e a M o d a |
O PROXECTO DE ANDREACon moita ilusión Andrea presenta “A n d r e a M o d a” un pequeno comercio dedicado á confección de prendas para eventos, con dúas opcións de mercado, a compra e o alugueiro das prendas, así coma un taller multidisciplinar no que os valores como a reciclaxe e a sostibilidade son prioridade. Unha vez ó mes, Andrea realiza un taller DIY (‘’Do It Yourself’’) simplemente porque en AndreaModa son coñecedores que ás persoas contemporáneas gústalles facerse cousas para elas mesmas. Todo isto realizase nun espazo aberto á colaboración, participación e formación colectiva dos empregados. ¿A quen non lle pasou algunha vez ter que repetir vestiario nalgunha primeira comuñón, voda ou bautizo por falla de presuposto? Pois para que isto non ocorra, Andrea propón o alugueiro de prendas, un xeito de non repetir vestiario dunha forma económica.
Presenta un vestido curto por enriba dos xeonllos, dianteiro con costadillo redondo e escote en pico rematado cunha vista interior entreteada e pespunte de carga, cinturilla con forma e manga xamón 3/4. Nas costas o vestido está aberto e rematado cunha vista interior, saia fruncida e cremalleira invisible no centro traseiro. Petos en ámbolos dous laterais da saia incrustados na costura. Tanto o baixo da saia, e o puño da manga, van rematados co forro de xeito que toda a prenda queda embolsada. Cremalleira de 20cm no centro traseiro. |
PREMIOS DEMO DAY 2020-2021 "DEPOEMPRENDE NA FP" |
A Deputación de Pontevedra entrega os premios Demo Day, cuxo obxectivo é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polos estudiantes de formación profesional, tanto de ciclo medios coma de ciclos superiores, a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permite identificar e apoiar proxectos cun potencial desenrolo.
Nesta xornada Demoday, os participantes dos nove proxectos finalistas presentados ó concurso por parte de seis centros de la provincia, entre eles o CIFP Manuel Antonio, deron a coñecer as súas propostas, todas elas inclusivas e respectuosas co medio ambiente, no acto celebrado no salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra.
Neste curso 2020-2021 en DepoEmprende na FP participaron seis centros de formación profesional da provincia e 225 estudantes, que chegaron a traballar nun cento de proxectos.
A nosa alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda Paloma Ugarte García obtivo o segundo premio, de 500 euros, na que presentou unha marca de roupa sostible baixo a firma Paloma Ugarte. Paloma axuda a persoas que, sen ter coñecementos previos no sector téxtil, queiran crear as súas prendas dende as súas casas sen renunciar a ir á moda. Consígueo a través dunha elaboración de kits con todo o preciso para crear unha prenda propia e converter as ideas de deseño dos clientes en realidade tanto en tecido como en lá. Estes kits chámanse “Sew it Yourself” coseo ti mesmo e “Knit it Yourself” téceo ti mesmo. Constan de patrón escalado do talle solicitado comprendido entre os talles 38 a 46 (pódense ampliar os talles), ilustración ou fotografía do deseño a realizar, os materiais necesarios para a súa elaboración, conceptos básicos do sector como que é un piquete e para que se emprega...., que é un patrón, un trade..., recomendación na elección dos tecidos ou da lá tendo en conta a sostibilidade, e unha lista de fases para a confección da prenda acompañada de explicacións e ilustracións.
Noraboa Paloma por este premio tan merecido, moi boa idea e moi bo traballo.
O proxecto "depoEMPRENDE na FP" ten como reto que o alumnado, a través dunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe, realice o estudo e a elaboración dun proxecto empresarial. Cada un dos centros educativos participantes, ao finalizar este, deberá realizar a presentación daqueles proxectos seleccionados no acto final Demo Day. No seguinte enlace podedes ver a exposición de Paloma no canle Youtube. A exposición de Paloma comeza no minuto 54 e remata no minuto 1h:02
Como apoio para a súa presentación, Paloma empregou unha blusa feita por ela para o seu proxecto de emprendemento.
Enlaces ás noticias publicadas sobre os premios
Deputación de Pontevedra:
https://www.depo.gal/web/edepo/-/directo-presentacion-demo-day
Pontevedra Viva:
https://pontevedraviva.com/xeral/73944/deputacion-emprendemento-demoday-depoemprende-premios/
Comarcas na Rede:
Xornal de Vigo e comarcas:
Faro de Vigo:
https://galego.farodevigo.es/pontevedra/2021/04/15/demoday-premian-talento-joven-fp-48382354.html
|
Proxectos de Ciclo Superior: A Tientas Laboratorio Textil por Ana |
O proxecto de Ana BasteroAna presenta A Tientas Laboratorio Textil (ALT), un espazo multidisciplinario para makers onde dáselle prioridade á formación e innovación na área téxtil, buscando, así mesmo, a interacción entre diferentes áreas de traballo tanto dentro deste espazo como en espazos amigos. Innovación, Experimentación, Tecnoloxía, Téxtil, Moda, Deseño, Cooperación, Colectivo e Formación son palabras que poderían definir o proxecto de Ana. Proponse que o espazo ocupe e recupere parte do patrimonio industrial da cidade en desuso. Neste espazo faranse actividades coma coworking, prototipado para creadores (makers), cursos, talleres e eventos, entre outras. Formalmente estamos a falar dun FabLab especializado en téxtil onde o obxectivo é tanto formar coma aportar medios para que creadores (makers) poidan por en marcha os seus primeiros prototipos e pequenas producións. Presenta un vestido cóctel con liñas que resaltan e cínguense á silueta feminina, longo por baixo do xeonllo lixeiramente entubado. Cortes no dianteiro e nas costas que pronuncian dito efecto. Escote barco con pestana que se recolle xunto a uns pregues na parte posterior da manga 3/4. A manga e o ancho da pestana, que está entreteada, definiuno Ana cun traballo de moulage, partindo dun patrón base con manga xaponesa, pinzas transformadas e tecido a maiores na parte superior do escote e manga. A pestana comeza no escote e prolongase por toda a manga ata recollerse no puño. As pinzas do dianteiro, de peito e talle, están trasladadas ó corte de dianteiro. Este corte prolóngase cunha leve curva ata as costas pasando por debaixo da cadeira. As pinzas das costas están trasladadas en diagonal continuando a forma do escote espalda en dirección ó centro espalda, onde está a cremalleira.
|
Proxecto de Ciclo Superior: INNA |
O PROXECTO DE CRISTINA
Cristina escolleu coma nome para o se proxecto INNA, así é como a pequena sobriña de Cristina comezou a chamala a ela, collendo as derradeiras sílabas de Cristina e engadindo un “N” para darlle un toque máis persoal e para que soe mellor. En INNA, Cristina pretende crear prendas con actitude, que cando calquera muller vista as súas prendas, síntase empoderada e segura, dándolle ás prendas un valor emocional e non só económico. En INNA lévanse a cabo tódolos procesos, tanto o seu deseño, coma a patronaxe e a confección. A finalidade é que as clientas síntanse especiais levando as prendas de INNA, as prendas adáptanse a elas e ó seu estilo, dando así un servizo de personalización, tanto como para decoralas como para adaptalas o seu corpo. As personalizacións van dende quitar algún aplique que inicialmente leva a prenda, ata poder trocalo tecido, o tipo de puño que leva a prenda, cambiarlle o tipo de escote.... entre outras ideas, calquera cousa que se lles pase pola cachola, en INNA intentarase facela realidade, partindo sempre dos deseños iniciais da marca... así, as clientas, séntense participes do deseño. Cada prenda contará cunhas unidades limitadas, para darlles unha esencia máis exclusiva. Por outro lado, en INNA iranse facendo pequenos cambios para intentar deixala menor pegada posible no planeta, así os envíos realizaranse en paquetes elaborados con millo, reducindo así o emprego do plástico. Cristina escolleu para o seu proxecto un vestido asimétrico, moi especial, cunhas cores vivas e cheas de enerxía, que representan a marca e que reflicten a ilusión de Cristina.
Vestido curto asimétrico, con manga abullonada no brazo dereito, rematada cun dobladillo dobre. Corpo con costadillo francés no dianteiro e nas costas. O lado esquerdo-dianteiro palabra de honra, axustado, facendo unha forma redondeada na parte superior. O lado esquerdo das costas é recto, e para o cerre ten unha cremalleira na parte central. A parte inferior dianteira leva dúas capas superpostas, a superior con dous pregues inclinados, e a inferior é lisa con dúas pinzas para axustala. Ámbalas partes fan unha forma redondeada dende a cintura ata o baixo do |
Vestido de festa a escala 1:200 |
Traballos a escala 1.200, donde o alumnado realizaron este fermosos vestidos. Que están compostos por un corpillo drapeado e unha saia de cola. |
Clases de Patronaxe en STREAMING |
CLASES EN STREAMINGDebido á actual pandemia que estamos a padecer, durante este curso 2020-2021, en moitos momentos houbo que botar man do enxeño para que os alumnos/as non se visen prexudicados. Un xeito de seguir coas clases foi retransmitir as clases en directo, en streaming, para os alumnos que tiveron que ficar na casa nalgún momento.
Na seguinte imaxe, no módulo de Industrialización e escalaxe de patróns de 2º Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, empregase o programa informático de patronaxe Lectra Modaris V12, foron retransmitidas as clases en directo empregando a plataforma Falemos da Xunta. Para iso utilizáronse 2 cámaras web, unha para retransmitir o encerado da clase, outra para o proxector da clase, e un ou dous equipos dos alumnos compartía pantalla mediante a plataforma Falemos.
Nestoutra imaxe, os alumnos/as no módulo de Patronaxe Industrial en téxtil e pel de 1º Ciclo Superior de Patronaxe e Moda empregando o programa informático de patronaxe Lectra Modaris V12.
Na seguinte foto, os alumnos/as de 1º Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, no módulo Patronaxe Industrial en téxtil e pel, realizando os patróns manualmente. Nesta ocasión, para retransmitir as clases en directo, empregouse só unha cámara web xunto coa aplicación Cisco Webex.
E así é como seguen as clases dende a casa.
Noraboa a todos/as, ó final conseguímolo e as clases non pararon.
|
Benvidos a Téxtil, confección e pel! |
|
1º fp básica- Práctica sobre o punto tricot. |
O trimestre pasado o alumnado de 1º de tapiceria, no módulo de materias textis realizaron. Unha mostra de punto bobo, de forma manual. Para entender como se construe o punto e lles sexa máis doado entendelo. Aqui se podedes ver os resultados.
|
Tempo entre costuras, teas e tapices |
|
Tempo entre costuras, teas e tapices II |
|