eFoodTour – un proxecto eTwinning do CIFP Manuel Antonio galardonado con Selo de Calidade Europeo

No curso 2015-2016, as profesoras Marina Vicente e Patricia Conde do CIFP Manuel Antonio de Vigo, xunto con cinco profesores máis en Polonia, Italia e Suecia, levaron a cabo un proxecto eTwinning no que participaron cos alumnos do CM de Servizos en Restauración e do CS de Aloxamentos Turísticos.

O dito proxecto, que versou sobre gastronomía e turismo gastronómico, foi galardoado con sendos Selos de Calidade Nacionais en España, Suecia e Italia e ven de ser galardoado últimamente co Selo de Calidade Europeo.

No proxecto, titulado eFoodTour through Europe, traballaron un total de 7 profesores de 5 centros distintos e 4 países europeos empregando o inglés o francés e o español como linguas de comunicación.

 eTwinning converteu as clases de linguas para os alumnos do CIFP dos ciclos de Aloxamentos e Servizos en clases moi activas. Todos mostraron entusiamso e levaron a cabo unha magnífica labor de investigación, creando documentos visuais sobre receitas típicas e festas gastronómicas ben coñecidas que logo publicaron no blogue. Todo os materiais creados polos alumnos dos distintos países para o proxecto, atópanse publicados no blogue     http://efoodtour.blogspot.com

PROXECTO E-TWINNING

Este proxecto levouse a cabo dende o mes de outubro e finalizará a finais de maio.

A profesora de francés Marina participou en francés co seu alumnado de 2º CS Aloxamentos e a profesora de inglés Patricia participou en inglés e español co seu alumnado de 1ºCM Servizos.

PROXECTO SOCIAL “OÍR PARA VIVIR”

No CIFP Manuel Antonio estamos a levar a cabo dende o Departamento de Sanidade un proxecto piloto e innovador "Oír para Vivir", deseñado para espertar a conciencia social, promover a solidariedade e formar ao alumnado “facendo”, coa supervisión de especialistas do sector Audiolóxico e a empresa INTERTON, doadora de audiófonos para a súa adaptación a persoas con baixos recursos económicos, candidatos/as remitidos pola Cruz Vermella e Cáritas de Vigo.

Resolución provisional dos Premios a proxectos de innovación tecnolóxica

Publicada a proposta provisional de resolución da convocatoria de Premios a Proxectos de Innovación.

 

Resolución

 

Ver resolución con carácter excepcional

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido