Probas libres 2013 - calendario

Está aberto o prazo de matrícula do 21 ao 23 de maio, e do 27 ao 31 de maio para os ciclos liberados. Adxúntase o calendario con datas e horarios das probas, a desenvolver no mes de xuño. O Centro ten a disposición do alumnado que o precise, tódalas programacións dos ciclos formativos ofertados.

 

Alumnos/as na FCT no extranxeiro comparten con nós as súas experiencias

Dentro dos Programas Europeos o "Programa Leonardo" ten como un dos seus obxetivos que os alumnos e

alumnas poidan realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) en empresas no extranxeiro.

Este é o caso de dous alumnos da escola que queren compartir con nós a súa experiencia neses paises.

  

Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013

Dende o noso centro contribuimos a divulgación da figura do homenaxeadoA Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

Visita do C.E.I.P "Párroco Don Camilo"

                          

 

Esta semana visitaron as nosas instalacións, os alumnos e alumnas do CEIP "Párroco Don Camilo" de San André de Comesaña de Vigo, onde disfrutaron dos obradoiros que lles prepararon os alumnos do C.M de panadaría.

Demostración de "Latte-art" na Aula-Obradoiro de Cafetaría

                        

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio e Superior de Servizos, tiveron a oportunidade de coñecera a técnica de "latte-art". Para coñecer os segredos desta técnica que millor que contar con Damián Seijas que foi CAMPIÓN e Premio MILLOR LATTE-ART no VII Campionato de Baristas de Galicia, celebrado no Fórum Café - Santiago de Compostela 2012.

Novo Video de Presentación

                                      

 

 Logo
Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
    

 

 

 

Distribuir contido