Matrícula ABAU 2020

MATRÍCULA ABAU ANTICIPADA: DO 1 AO 17 DE XUÑO. 

Resumo da convocatoria da ABAU 2020

LEMBRADE:  A matrícula na ABAU farase preferentemente a través da aplicación NERTA. Para facelo, é necesario que o alumnado informe ao Centro a efectos de traspasar o seu expediente académico desde o XADE a NERTA. 

NOVAS DATAS das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece os vindeiros 10 e 11 de xuño como novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio  e de grao superior, respectivamente. Infórmate nos seguintes documentos e enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Uso obrigatorio de mascarillas

De conformidade ao disposto na Orden SND/422/2020, de 19 de mayo, por la que se regulan las condiciones para el uso obligatorio de mascarilla durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 (publicada hoxe no BOE nº142) a partires de mañá día 21 de mayo será obrigatorio o uso de mascarillas, preferentemente hixiénicas e quirúrxicas, que cubra nariz e boca, para as persoas de 6 anos en adiante que visiten o noso centro educativo.

"Artículo 3. Espacios en los que resulta obligatorio el uso de mascarilla.

El uso de mascarilla será obligatorio en la vía pública, en espacios al aire libre y en cualquier espacio cerrado de uso público o que se encuentre abierto al público, siempre que no sea posible mantener una distancia de seguridad interpersonal de al menos dos metros"

 

Consulta aquí o texto completo da Orde SND/422/2020 (BOE nº142, mércores 20.05.2020)

 

BOLSAS DE ESTUDOS do alumnado de 2º curso que apraza voluntariamente o módulo de FCT

Información de interese para o alumnado de 2º curso de réxime ordinario que está no periodo de realización de FCT (Ciclos Medios, Ciclos Superiores, FP Básica)

Dende o Ministerio de Educación y Formación profesional informan que “ante as dúbidas xurdidas sobre a aplicación das instruccións para a xestión dos reintegros de Bolsas de Estudos do curso 2019/2020, procede facer a seguinte aclaración”:

O alumnado de Formación Profesional que aprace de xeito voluntario a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) e o de Proxecto (no caso de ciclos superiores) para o próximo curso 2020-21 NON PERDERÁ A BOLSA DE ESTUDOS do Ministerio obtida no presente curso 2019-20.

Enlaces ao marco normativo no que se basea esta información:

LETRAS GALEGAS 2020

Ante a imposibilidade de celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas con actividades de divulgación da figura de Ricardo Carvalho Calero de maneira presencial no noso centro, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos contribuír ao coñecemento do homenaxeado  e para iso elaboramos unha presentación que poderedes ver picando na imaxe ou na seguinte ligazón: https://prezi.com/pzjwotfyylpm/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

Como xa saberedes, dada a situación excepcional que estamos a vivir, a Real Academia Galega elixiu o día 31 de outubro, xusto o día despois da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán, para festexar as Letras Galegas.

Aproveitamos para comunicarvos que as actividades previstas no centro para esta seman co gallo do Día das Letras Galegas se adían, xa que logo, para o mes de outubro. Entre elas, o espectáculo sobre Carvalho Calero “Anxo de Terra” de Serafín Marcos queda para o día 29 de outubro. Esperemos que daquela si se poida levar a cabo.

Prezi EDLG Letras Galegas 2020

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido