II Concurso de Felicitacións de Nadal e Aninovo

Aproveita a ponte festiva para felicitar o Nadal e o Aninovo en galego e gaña un premio de 100, 75 ou 50 euros! Infórmate visitando o Blog do EDLG na seguinte ligazón. O prazo ampliado para enviar as postais remata o domingo 12 de decembro.

Martes 7 Decembro_DÍA NON LECTIVO

Informamos que o vindeiro Martes 7 de Decembro 2021, está proposto polo centro como día NON LECTIVO. Por este motivo as clases reanudaranse no seu horario habitual o vindeiro xoves 9 de decembro.

Admisión FP. Ciclos formativos con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de setembro ás 9:00 horas ata o día 24 de setembro ás 13:00 horas.

No caso de cursos de especialización de formación profesional e de ciclos formativos de FP dual con prazas dispoñibles, a matrícula permanece aberta. Para máis información deberán dirixirse ao centro que conte con prazas dispoñibles.

Admisión a ciclos FP. 2ª adxudicación extraordinaria. Curso 2021-2022

Publicación das listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria de ciclos formativos de grao medio de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas, en modalidade presencial e modalidade a distancia.

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do martes 21 de setembro ata as 13:00 horas do venres 24 de setembro de 2021.

Admisión FP Setembro. Información ciclos con prazas dispoñibles

Prazas liberadas nos ciclos:

  • Ciclo Medio_Curso de Especialización "Panadaría e Bolaría Artesanais"
  • Ciclo Medio_FP DUAL "Elaboración de Produtos Alimentarios" colaboran as empresas Mascato e Takopesca
  • Ciclo Medio_Réxime de adultos presencial (tarde) "Servizos en Restauración"
  • Ciclo Superior_Réxime Ordinario (mañan) "Dirección de Servizos en Restauración"

Para matricularte destos ciclos tes que acudir presencialmente á secretaría do centro. Infórmate nos telefonos: 886120749 /886120750

Consulta a web da Consellería de Educación cos Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido