Xornada CO-EDUCA
Xornada CO-EDUCA. "Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en igualdade" da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo
Días: 6 e 7 de novembro
Lugar: salón de actos da UNED. Auditorio Mar de Vigo
Persoas destinatarias: profesorado, persoal docente e comunidade educativa en xeral, así como persoas e entidades que realizan a súa intervención no eido educativo.
Obxectivos: Fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e a promoción dunha cultura en igualdade, que detecte e rexeite as novas formas de violencias machistas, e permita visibilizar á comunidade educativa novos modelos de relación baseados na igualdade; difundir as experiencias de traballo en igualdade desenvolvidas nos centros de ensino coa finalidade de expor as boas prácticas a todo o profesorado da contorna e propiciar o intercambio de coñecemento.
Inscrición: As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a inscrición enviando os datos solicitados no formulario existente no programa a través do enderezo electrónico xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do noso fax 986 430 082. As prazas outorgaranse por rigurosa orde de inscrición atendendo a que a organización reservará o 70% das prazas para o profesorado que se atope prestando servizo en centros sostidos con fondos públicos. A Concellería de Igualdade confirmará a praza a aquelas persoas que a obteñan
Homologación: Concedida a homologación previa da formación pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Diploma acreditativo: A Concellería de Igualdade expedirá diploma acreditativo de asistencia
PROGRAMA DA XORNADAno documento adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
programas xornadas coeducacion.pdf | 338.16 KB |