Skip to Content

Seminario de Cava 2019

Os pasados 15 e 16 de xaneiro, o profesor de servizos e formador de cava do noso centro, Manuel Mazás Lamelas, levou a cabo un Seminario de Cava co alumnado de segundo curso dos ciclos medio de Servizos de restauración e superior de Dirección de Servizos. Durante dous días tiveron a oportunidade de coñecer distintos tipos de cava, as súas propiedades e procedencia, o proceso de elaboración, e tamén de realizar unha cata e maridaxe de distintos tipos de cava. Agradecemos un ano máis, a colaboración do Institut del Cava, por facer posible esta aprendizaxe!!

 

 

 


page | by Dr. Radut