Skip to Content

E ti...practicas un turismo responsable? Premio de innovación educativa Galicons-net

 

 

        

#SeNonÉVerdeNonÉGalicia #turismoresponsable #responsabilidadesocial #fpturismo #poloturismosustentable

O pasado xoves 11 de outubro, oalumnado e profesorado de turismo do noso centro recibiron da Directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol María Vázquez Abeal, o Premio de innovación educativa Galicons.net acadado recentemente polo proxecto “E ti... practicas turismo responsable?”

 

Este premio, enmarcado dentro do Plan Proxecta da Consellería, ven a recoñecer o grande traballo realizado polo alumnado dos ciclos superiores de Axencias de viaxes e xestión de eventos, Guía, información e asistencia turística e Xestión de aloxamentos turísticos ao longo do curso pasado, que se centrou na procura e deseño de produtos turísticos e campañas publicitarias que permitan un desenvolvemento sustentable no sector do turismo de Galicia.

 

 

Parabéns ao alumnado e ao profesorado pola súa implicación neste proxecto, fomentando así a responsabilidade social e a práctica do turismo sustentable nos futuros profesionais!!

 



page | by Dr. Radut