Skip to Content

      

PLAN REACTIVA OURENSE 2024

Presentámosvos o Plan ReActiva Ourense EMPRENDEMENTO”, un programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.
 
O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar un asesoramento práctico e individualizado que posibilite proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado, desenvolver o Plan de Negocio/Mellora e establecer unha estratexia dixital e coñecer a súa verdadeira situación para poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Modelo de Negocio Canvas que disporá cada participante á finalización do mesmo.
 
A quen vai dirixido?  Ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que queiran consolidar o seu negocio.
 
Levaranse a cabo dous programas: 
- Do 7 ao 24 de outubro, cun total de 18 horas de formación on line conxunta, distribuidas en seis sesións, en horario de 16:00 a 19:00 horas, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% online a través da plataforma Zoom
- Unha xornada presencial, o 6 de novembro, de dúas horas de duración. 
 
participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por orden de solicitude. 
 
 
Para máis información premer no arquivo adxunto. 
 

 

EU EMPRENDO 2.0

ACTO DE PRESENTACIÓN CURSO 24/25

Aula de emprendemento: YO EMPRENDO GALICIA

Prazas dispoñibles para o curso 24/25!

Horario de verán

QR RESIDENCIA VILAMARIN

horario admisión

OFERTA FORMATIVA CURSO 24/25

Distribuir contido


     

     

      

 

     

by Dr. Radut