XORNADAS E CURSOS

Xornadas Sanidade 2015

O sábado 3 de outubro celebráronse no noso centro as Xornadas de Sanidade 2015. Asistiron 70 profesores/as da familia de Sanidade de toda a comunidade autónoma. Foron inauguradas polo Director Xeral de Educación, FP e Innovación educativa, o Director do CFR da Coruña e a Directora do CIFP Ánxel Casal.

Para ampliar as imaxes, premer sobre cada unha delas.

        

 

XORNADAS SANIDADE 2015

O programa das Xornadas de Sanidade 2015 (que se celebrarán no noso centro o día 3 de outubro de 2015) pódese consultar no arquivo adxunto ou facendo click sobre a imaxe

Xornadas "Escol@TIC.2015"

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.

Contaremos con figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, así como experiencias de integración da tecnoloxía en centros da nosa comunidade.

Prazo de inscrición: Aínda que o prazo para asistir a escolaTIC estará aberto ata o 9 de abril, se queredes asistir a algún dos obradoiros (prazas limitadas) tedes que ter confirmada a vosa asistencia en Fprofe antes dese mesmo día.

Inscrición en www.edu.xunta.es/fprofe

Código da actividade: G1402009.

Podedes facer clic aquí para ampliar a información sobre o evento.

Ademais, se levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC ou un enfoque metodolóxico distinto e queredes compartilo con todos os participantes das xornadas, podedes cubrir a ficha modelo que atoparás na sección "Novas" da páxina web do evento. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!
 

Xornada “Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”

Xornada “Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”


A Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia, co apoio da Representación da Comisión Europea en España, organizan esta xornada informativa dirixida esencialmente a profesores e orientadores de Formación Profesional de Galicia. Coa mesma preténdese explicar o marco europeo no que se imparte a Formación Profesional, as oportunidades de mobilidade existentes dentro da UE e as iniciativas de apoio ao emprendemento coas que contan os mozos titulados de FP.


Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)
Data de celebración: 14/05/2014

Horario: de 9:00 a 19:00 h

 

O código da actividade para a inscrición é:

G1302031 - Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento

Convocatoria de cursos de Formación en Rede do INTEF 2014

O MECD abre a convocatoria para a realización de cursos de formación permanente en rede. Plazo de presentación de solicitudes: 25/02/2014 ao 11/03/2014 

http://blog.educalab.es/intef/2014/02/25/convocatoria-de-cursos-de-formacion-en-red-del-intef-2014/

 

Xornadas de Sanidade 2013

Distribuir contido

NOVAS

NOVA PÁXINA WEB

A nova páxina web oficial do centro é www.cifpanxelcasal.gal