O día a día

EDUCACIÓN VIARIA

 

Hai moitas cousas que facemos por rutina e non nos paramos a pensar.


O 23 de novembro veu ao colexio unha policía local para que os alumnos de 5º fixeramos un paseo pola entorna do mesmo como peóns.

Despois de traballar na aula sobre as partes e elementos da rúa e para que sirve cada un, saímos para observar.

Íamos preparados! Con rotuladores para marcar nun plano cales eran os puntos perigosos e os seguros para cru zar ou mesmo circular polas beirarrúas.

Constatamos que a entorna do colexio é bastante perigosa pois á entrada os coches non están organizados, as beirarrúas son moi estreitas…

Case todo eran puntos vermellos!

Por fin... chegando ao Centro Cívico puidemos sinalar un punto verde.

As explicacións da policía foron moi interesantes, recalcounos: antes de cruzar a vía, aínda sendo paso de peóns e con semáforos, hai que mirar a dereita e a esquerda, pois o vehículo vai moito máis rápido que nós (as persoas 1 m/s).


Tamén nos dixo cousas como que, se podemos,  compartamos coche para ir ao cole e principalmente que ensinemos aos nosos pais - peóns a cumprir todas as normas de tráfico.

 Foi unha breve saída pero moi aproveitada.

Poñamos todos da nosa parte para que haxa menos accidentes de peóns.

CAMIÑEMOS SEGUROS POLA NOSA CIDADE!!!!

COCIÑA CON CIENCIA

       

Como ben din os do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) "saber comer tamén ten a súa ciencia". Un grupo de expertos viñeron ao colexio para ensinarnos como comprar, almacenar e manipular os alimentos correctamente  e así evitar enfermidades, por non ter unha boa hixiene ou non saber onde debemos gardar algúns alimentos.

Cun experimento científico comprobamos a importancia da limpeza nun lugar tan delicado como é a cociña. Cada un de nós, nun recipiente que dividimos en dúas metades, colocamos nunha parte os dedos sen lavar e na outra os dedos lavados. Pasados uns días estamos observando que nestas "placas de cultivo" que así se chaman os recipientes hai millóns de microorganismos na parte "sucia"; deste modo aprendemos que aínda que non vexamos a sucidade existe e só con lavar as mans antes de tocar alimentos podemos evitar coller enfermidades algunhas tan frecuentes como a gastroenterite.

Ademais de interesante o obradoiro foi moi saboroso xa que fomos verdadeiros "chefs"!!! Preparamos unha riquísima receita do coñecido cociñeiro Pepe Solla: "Pudín de mazá, kiwi, iogur e rúcula".

Mmmm Mmmmm!!!!! No colexio aprendemos de toooooodooooo para ser uns adultos sans e autóoooonomos!!!

Aquí vos deixamos unha peli para que nos vexades como auténticos cociñeiros!!!

 

 

 

 

Grazas aos do CSIC por achegarnos unha maneira de aprender tan rica e especial!!!!!!!

VOLVEDE, PORFA, VOLVEDE con máis experimentos que nunca esqueceremos!!!

GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido