OBRADOIROS DE CIENCIA

O xoves 10 de maio o alumnado de 3º e 6º deleitámonos con dous talleres que nos deron dous investigadores do CSIC: Alex e Lucía.

En 6º despois de falar para que serven os microscopios e ver dous deles moi antigos do colexio, tivemos que construír cadanseu microscopio de cartón a partir dun kit que nos proporcionaron.

 Non foi nada doado, pero ao final saímos vitoriosos. Os microscopios quedaron para o colexio.

En 3º o taller ía da fotografía microscópica, como estamos afeitos ás tablets, deuse un paso máis, introducíndonos nese marabilloso mundo. A idea era ensamblar un pequeno engadido impreso en 3D que permite colocar unha lente aumentativa para visualizar cousas moi pequenas. Estivemos traballando con algún iPad para ver que cousas se poden fotografar con isto.  Agora imos practicar o que aprendemos para crear fotografías de cousas moi chulas e moi pequenas.

Tamén quedou para o centro o material co que traballamos. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!