VISITA AO CLUB DE REMO "VIRXE DA GUÍA"

       

               

A semana pasada visitamos o club de remo "Virxe da Guía" que está preto da ETEA.

Ao chegar ensináronnos distintos tipos de embarcacións de remo:

  • O "batel": pequena embarcación con capacidade para 5 remeiros (un deles é o que leva o timón)
  • A "trainerilla": embarcación con capacidade para 7 remeiros
  • A "trainera": embarcación con capacidade para 13 remeiros

Logo ensináronnos a remar no "foso" (que son como piscinas onde se pode practicar remo). 

Despois vimos o resto das instalacións: o ximnasio, a zona de relax, a sauna...

No ximnasio practicamos nunha máquina chamada "ergómetro".

Polas paredes teñen fotos dos equipos do club e nalgunhas vimos xente que coñecíamos.

Gustounos tanto esta actividade e pasámolo tan ben que algúns xa queremos empezar a practicar.

             

             

           

           

Grazas á directiva do club "VIRXE DA GUÍA"

por darnos a oportunidade de coñecer este deporte.