Skip to Content

Actividades na biblio

PASANDO A BÓLA COA XANELA DO MAXÍN

VISITA DE ALICIA BORRÁS

ENCANTADO QUEDOU O ALUMNADO DE 6º A E 6º B COA VISITA DA AUTORA DOS LIBROS "NATA Y CHOCOLATE" E "NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES", ALICIA BORRÁS.

MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS!

 

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo, día da poesía,  Tentalibros sorprendeu a todo o alumnado do cole cuns retos a resolver basados nun poema de Anxo Iglesias do libro "Unha nova dimensión".

E é que a poesía é DIVERTIDA!

 

SEMANA DA PRENSA

Pola Semana da Prensa e aproveitando que nestes días celebramos o día da Muller Traballadora, leváronse a cabo varias entrevistas na radio. Na primeira volta, o alumando de 3º e de 6º, entrevistou a dúas avoas do noso centro, que adicaron a súa vida ao coidado da horta e da familia. Na segunda volta de entrevistas, o alumnado de 2º e 5º entrevistou a tres mulleres do centro de día, que nos falaron de como foi a súa vida laboral, que empezou moi cediño, con 13 anos! e desenvolvendo traballos moi moi duros!

Toda unha aprendizaxe despois de escoitar ás nosas maiores!

Moitas grazas a todas por acompañarnos e compartir a vosa experiencia, sabiduría e recordos connosco!

Podedes escoitar as entrevistas completas no apartado de "Radio Ladeira"

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsabaris/?q=node/1020

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsabaris/?q=node/1024

 

 

 

SEMANA DA POESÍA

NA SEMANA DA POESÍA TENTALIBROS PREPAROU UNHA EXQUISITA SELECCIÓN DE LIBROS DE POESÍA CON MOITAS NOVIDADES.

A DESFRUTALA!

ATENTOS E ATENTAS AO CORREO DE TENTALIBROS! ESTA SEMANA TEREDES MENSAXE DA NOSA MASCOTA CUNS RETOS MOI DIVERTIDOS!

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO, MÁIS PRESENTE QUE NUNCA ESTE MES NOS CORREDORES DO CENTRO, NA BIBLIO, NAS AULAS E NA RADIO!

21 DE FEBREIRO, DÍA DA LINGUA MATERNA

O Mércores 21 de febreiro celébrase o día da lingua materna, e que mellor xeito de facelo que desfrutando da visita dunha recoñecida autora galega, María Canosa. O alumnado de 1º e 2º leu a súa obra "Lobo Ramón", libro do itinerario lector para este curso e tiveron a sorte de coñecer á autora, facerlle un milleiro de preguntas e mais de que lles asinara os libros.

Moitas grazas pola visita!

 

 

NOVIDADES DE FEBREIRO

CELEBRAMOS O DÍA DA ILUSTRACIÓN CON IVÁN R.

E como xa dixemos que pasaría... o venres celebramos o día da ilustración con Iván Rodríguez, autor e ilustrador do libro "Os Winkle, máis finos ca un allo" e outros moitos que temos na nosa biblio!

Foi unha mañá xenial na que Iván nos achegou ao mundo da ilustración, desfrutamos de novo da historia dos Winkle e practicamos como ilustradoras e ilustradores.

Moitas grazas Iván pola túa visita!

 

Distribuir contido


    

by Dr. Radut