Aquí tedes algunhas fotos destes primeiros días de curso. Houbo tempo para todo: para traballar, para aprender, para xogar, para levar a cabo obradoiros, acudir a faladoiros, momentos estelares, radio, etc.
O martes 24 celebramos o día das bibliotecas escolares e fixémolo, como xa é costume, presentando a guía de uso da nosa biblio a todo o alumnado e despois cunha sesión de contacontos, "Os Winkle, máis finos ca un allo", de Iván Rodríguez, co que escachamos a rir con esta familia tan singular e ademais, deste xeito, Tentalibros presentounos o proxecto anual deste curso 2023-24: "Miña horta, meu xardín: sementando futuro". Para rematar, Tentalibros tíñanos preparado un obradoiro onde elaboramos uns saquiños de romeu. Coñecemos algunhas das propiedades desta planta medicinal e nós pensamos levalos nas mochilas para relaxarnos cando consideremos necesario!
O DÍA 24 DE OUTRUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E NÓS, COMA SEMPRE, FACÉMOLO DANDO A COÑECER A NOSA BIBLIO AO NOVO ALUMNADO E PROFESORADO, RECORDANDO A GUÍA DE USO DA NOSA BILIO E PRESENTANDO O PROXECTO ANUAL DE CENTRO.
ATENTAS E ATENTOS PORQUE TENTALIBROS XA TEN CASE TODO PREPARADO!!
MENTRES TANTO DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN VÍDEO COA GUÍA DE USO DA NOSA BIBLIOTECA PARA QUE VOS VAIADES FAMILIARIZANDO CON ELA.
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA! COA COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS, ALUMNADO, PROFESORADO, FAMILIAS, JAVI, CONCELLO E DEMAIS AXENTES, CONSEGUIMOS CELEBRAR UN ANO MÁIS O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTIVO ADICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO E AO 50 ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO.
GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE COMPARTISTES CONNOSCO ESTA EMOCIONANTE XORNADA!
DEIXAMOS AQUÍ ALGÚN DOS VÍDEOS PARA QUE DESFRUTEDES DE NOVO!