Skip to Content

Actividades na biblio

APERTURA DA BIBLIO

E por fin poñemos en funcionamento a nosa biblio despois de semanas reorganizando o espazo, os fondos e os novos recursos! Para celebralo compartimos convosco este vídeo con recomendacións lectoras que nos fan persoas amigas que forman parte de nosa comunidade educativa e que se queren unir á nosa festa de aniversario.

MOITAS GRAZAS A: MOLY, CLUBE DE BALONCESTO DE BAIONA, CHEMA, MIGUEL (ANPA), MARCO, CARME, MARISA, VICKY, CARMEN DE PRADA, JAVI, CHUS, DULCE, GEMA, AO CLUBE DE FÚTBOL SALA BAÍÑA E A ENRIQUE!

 

SAMAÍN NA BIBLIO

O venres 28 de outubro o alumnado e o profesorado gozamos dunha mañá terrorífica! Contacontos, scape room, bailes, sesión de cine terrorífico con flocos de millo, merendas arrepiantes... houbo de todo!!

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa implicación, e dun xeito especial, grazas á ANPA!!!

 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta mañá Tentalibros quixo poñerse en contacto connosco a través dos correos das aulas para contarnos que hoxe é un día moi especial para todos os coles!

 

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO 2022-2023

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO, XA QUEDA POUQUIÑO PARA QUE A BIBLIO DO NOSO COLE ABRA AS SÚAS PORTAS!

ESTADE ATENTAS E ATENTOS PORQUE ESTE CURSO HABERÁ MOITAS NOVIDADES!!

 

Enrédate na lectura

O alumndao do centro elaborou este mural co gallo do Día do Libro. Podedes admiralo na entrada do centro.

Biblioteca. Un merecido descanso co remate do "Camiño"

O equipo de biblioteca xunto coa titoría de 5º,  organizou unha actividade nocturna de promoción da lectura na biblioteca do colexio.

pelegr
Galería

A Biblioteca: Todo un curso de peregrinaxe

Aquí vos deixamos un pequeno resumo das actividades que o equipo de biblioteca desenvolveu xunto coas titorías e o alumnado.

pelegr
Galería fotrográfica

A Biblioteca: Todo un curso de peregrinaxe

Aquí vos deixamos un pequeno resumo das actividades que o equipo de biblioteca desenvolveu xunto coas titorías e o alumnado.

pelegr
Galería fotrográfica

A Muller e a Poesía, protaonistas en marzo na biblioteca.

Ao longo do mes de marzo, o Equipo de Bbiblioteca do CEP Sabarís propuxo actividades para desenvolver nas distintas aulas e recomendou libros nos que as mulleres e a poesía son as protagonistas.

diapoesía
Galería fotográfica

Lecturas recomendadas para o Nadal.

Como todos os anos, o equipo de biblioteca, aproveita as festas de Nadal para invitar á lectura.

Nas seguintes imaxes atópanse os enlaces á galería fotográfica, ás recomendacións e a canción "Girasoles" de Rozalén que consideramos imprescindible.

Nestas festas, que non falte un libro e non esquezas sentar un peregrino na mesa e colabora activamente para que todas as persoas camiñen e saian a correr seguras pola vida.

Bo Nadal

correr sin miedo  
Listado de libros Galería fotográfica Correr sen medo  

 

 

 

Distribuir contido


    

by Dr. Radut