Skip to Content

Iniciación ao Voleibol

Miguel Martínez (entrenador de Voleibol), Guillermo Touza (entrenador de Voleibol e presidente do Club Vigo Voleibol) e Adrián (xogador, entrenador e árbitro), compartiron co noso alumnado de 4º, 5º e 6º una xornada de promoción e iniciación ao voleibol dentro das actividades curriculares programadas na materia de Educación Física.

Na seguinte icona atópase o enlance á galería fotográfica.

volei

Iniciación ao Voleibol

6 / X / 2017

Descubrindo o Norte 2017 / 18

   Arranca o proxecto Descubrindo o Norte 2017 / 18. A través deste proxecto intentamos dar un sentido práctico ás Competencias Clave. A actividade física, a cultura e a formación así como o fomento da socialización positiva dentro da comunidade escolar son os pilares do proxecto. Deporte de Orientación e Ciencia serán os motores que dinamicen Descubrindo o Norte. Como fixemos o curso anterior, incluiremos este proxento dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, na modalidade de PDC (Centros Activos e Saudables).

   Como novidade, ademáis dos cursos de 5º e 6º, este curso, engadiremos ao proxecto ao alumnado de 4º. Na páxina web do colexio informaremos á comunidade escolar de todas as actividades que se desenvolvan ao longo do curso.

   Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioloxía, actualmente investiga no Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) da Universidad de Vigo, iniciará o ciclo de conferencias e actividades científicas a través das cuales prentendemos  acercar a ciencia ao alumnado así como salientar a importancia da Investigación Científica e a súa incidencia na nosa calidade de vida.

1 2
Unha lectura interesante Mitos e lendas

Convocatoria de reunión xeral de inicio do curso 2017/2018

O martes 12 de setembro ás 17:00 h., convócase a todos os pais e nais do centro para levar a cabo a reunión de inicio de curso

Material do alumnado para o curso 2017/2018

Relación de Libros de Texto. Curso 2017/2018

Plan Proxecta: PDC "Descubrindo o Norte"

Nos seguintes enlaces atópanse os clips do proxecto Descubrindo o Norte vinculado ao Plan Proxecta da Consellería de Educación; tamén engádese a carta de Pío González, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo,  dirixida ao alumnado de 6º. Ademais dos colexios públicos Sabarís e Sárdoma, colaboran a Universidade de Vigo, a Comunidade de Montes de Vincios e o Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra.

video 1 video 2 videos alumnos carta
Video 1. 14´45" Video 2. 1´30" Outros Videos Carta

Plan de Consumo de Froita nas Escolas

O CEP de Sabarís participamos no Plan Proxecta 2016/2017: Froita na escola. 

Facendo clic na imaxe accédese ao blogue onde están reflectidas todas as actividades.

7th English Festival

Onte celebramos xunto co CEIP Belesar o sétimo festival en lingua inglesa. Velaquí tedes o vídeo das actuacións:

Descubrindo o Norte 16/17: Campus Universitario de Vigo. Alumnado de 6º

A piques de rematar a etapa da Educación Primaria, toca amosar as competencias acadadas. O alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo o día 26 de maio   compartindo unha xornada cultural, formativa, deportiva e socializadora co CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao punto de reunión

 

O catedrático Pio González Fernández, do departamento de Física Aplicada acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado con obradoiros de física.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación Julia Serra e Miram López Álvarez,nos presentarán os avances conseguidos no campo dos biomateriais, ámbito que lideran en España.

Doutra banda, o catedrático de  Endocrinología e Fisiología da Universidade de Vigo e nutricionista do Celta, Federico Mallo Ferrer, debatirá connosco os principales aspectos da alimentación e nutrición e a súa repercusión na nosa saúde.

A Oficina do Medio Ambiente da Universidade nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientación onde , José Luís Armada, do Servizo de Deportes da Universidade colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa.

Ubicación Programa Máis Info

  Galería

 

 

 

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Distribuir contido


    

by Dr. Radut