PARA ESTA SEMANA NA QUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO, TENTALIBROS TRÁENOS UNHA MOREA DE NOVIDADES: UNHA EXQUISITA SELECCIÓN DE LIBROS EN INGLÉS ASÍ COMO DISTINTOS LIBROS PARA COMPLETAR AS COLECCIÓNS MÁIS LIDAS NA NOSA BIBLIOTECA.
A DESFRUTAR DA LECTURA, MÁIS ESPECIALMENTE NESTA SEMANA, NA QUE TEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES ESPECIAIS ORGANIZADAS QUE LOGO IREDES COÑECENDO!
Hoxe 21 de marzo, día da poesía, Tentalibros sorprendeu a todo o alumnado do cole cuns retos a resolver basados nun poema de Anxo Iglesias do libro "Unha nova dimensión".
Pola Semana da Prensa e aproveitando que nestes días celebramos o día da Muller Traballadora, leváronse a cabo varias entrevistas na radio. Na primeira volta, o alumando de 3º e de 6º, entrevistou a dúas avoas do noso centro, que adicaron a súa vida ao coidado da horta e da familia. Na segunda volta de entrevistas, o alumnado de 2º e 5º entrevistou a tres mulleres do centro de día, que nos falaron de como foi a súa vida laboral, que empezou moi cediño, con 13 anos! e desenvolvendo traballos moi moi duros!
Toda unha aprendizaxe despois de escoitar ás nosas maiores!
Moitas grazas a todas por acompañarnos e compartir a vosa experiencia, sabiduría e recordos connosco!
Podedes escoitar as entrevistas completas no apartado de "Radio Ladeira"