Hoxe a rapazada do noso cole, dende Infantil ata 3º de primaria, tiveron a ocasión de disfrutar dunha proposta escénica orixinal e sorprendente da man de Celtia Figueiras, unha das componentes da compañía de monicreques “A xanela do Maxín” co seu espectáculo OS LIBROS DA TITIRITEIRA. Grandes libros que conteñen no seu interior pequeñas historias nas que todo é posible… hoxe disfrutouse moito unha vez máis na nosa biblioteca!