Skip to Content

Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!



O VINDEIRO MÉRCORES 3 DE ABRIL NO NOSO CENTRO



O martes 5 de marzo de 2024, en horario de 15:30 a 17:30, o noso centro convoca unha xornada de portas abertas para aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o colexio CEIP RAMÓN DE ARTAZA E MALVÁREZ.

Se estás disposta a vir, por favor, comunícao no teléfono do centro (881867360) ou no correo: cep.ramon.artaza@edu.xunta.gal.

 



O proceso de admisión (para alumnado que non estea cursando estudos no centro) poderase facer telematicamente a través da aplicación AdmisionAlumnado da CCEFPU ou presencialmente no centro educativo en horario de 10:30 a 12:30 horas.

 

FORMALIZACIÓN DA ADMISIÓN:

Solicitude única no centro no que se solicita praza en primeiro lugar, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, segundo o ANEXO II asinado por ambos proxenitores agás en casos de violencia de xénero.

Achegarase fotocopia cotexada do libro de familia, DNI dos proxenitores e do/a neno/a (se o ten).

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO PROCESO:

- Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

- Calendario do proceso de admisión curso 2024/2025.

- Vacantes ofertadas para o curso 2024/2025.

- ANEXO II.

 

 



Informamos que todo o alumnado do centro adscrito, 15023727_EEI de MUROS, que presentou a súa reserva de praza de cara ao vindeiro curso 2024-2025, obtivo praza.

Asimesmo, o CEIP RAMÓN DE ARTAZA como centro adscrito ao 15026338 _ IES FONTEXERÍA, comunica que todo alumnado que presentou a reserva de cara ao vindeiro curso 2024-2025 nese centro, foi admitida a reserva de praza.


        

 



by Dr. Radut