Skip to Content

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA CURSO 2024/25(do 1 ao 20 de marzo).

O proceso de admisión (para alumnado que non estea cursando estudos no centro) poderase facer telematicamente a través da aplicación AdmisionAlumnado da CCEFPU ou presencialmente no centro educativo en horario de 10:30 a 12:30 horas.

 

FORMALIZACIÓN DA ADMISIÓN:

Solicitude única no centro no que se solicita praza en primeiro lugar, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, segundo o ANEXO II asinado por ambos proxenitores agás en casos de violencia de xénero.

Achegarase fotocopia cotexada do libro de familia, DNI dos proxenitores e do/a neno/a (se o ten).

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO PROCESO:

- Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

- Calendario do proceso de admisión curso 2024/2025.

- Vacantes ofertadas para o curso 2024/2025.

- ANEXO II.

 

 

AdxuntoTamaño
CALENDARIO ADMISIÓN 24-25.pdf262.26 KB
VACANTES ALUMNADO 24.25.pdf95.84 KB
ED550B-G.pdf1.38 MB

        

 



page | by Dr. Radut