ARCO: Pasapalabra

A: Insecto que vive organizado socialmente en comunidades, ben en estado natural ou ben en colmeas feitas polo home, e que produce mel e cera.

- B: Sucesión regulada de pasos ou saltos especialmente ao ritmo dunha música.

- C: Cría dun mamífero.

- D: Nun lugar inferior, tanto se se atopa en contacto coma se non.

- E: Excluír [alguén ou algo] dun grupo, nun proceso de selección.

- F: Establecemento onde se preparan e venden medicamentos.

G: Pór [algo] a salvo ou no sitio correspondente.

- H: Polígono de seis lados e seis ángulos.

I: Reproducir ou tratar de reproducir a maneira de ser ou de actuar de alguén.

- J: Persoa que practica o judo.

K: Entretemento de orixe xaponesa, que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla de vídeo.

L: Alimento doce que sabe moi ben.

M: Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo.

- N: Non aceptar que [unha cousa] sexa verdade ou que exista.

- O: Sentido corporal polo que se perciben e distinguen os olores.

- P: Dar [unha cantidade de diñeiro ou outra cousa] a cambio de algo.

- Q: Pequena construción instalada ao aire libre para a venda de periódicos, caramelos etc.

- R: Acción propia de rapaces.

- S: Comer ou beber [algo] lentamente e con atención, tratando de percibir e de apreciar plenamente o seu sabor.

T: Calquera tipo de traballo ou labor que se fai ou se debe facer.

- U: Destinado indiferentemente aos homes e ás mulleres.

- V: Insecto formado por aneis que emite luz na escuridade.

X: Primeiro mes do ano, que ten trinta e un días.

- Z: Tenda onde se venden zapatos.

Respostas:

-       Abella

-       Baile

-       Cachorro

-       Debaixo

-       Eliminar

-       Farmacia

-       Gardar

-       Hexágono

-       Imitar

-       Judoka

-       Karaoke

-       Lambonada ou lambiscada

-       Magosto

-       Negar

-       Olfacto

-       Pagar

-       Quiosco

-       Rapazada

-       Saborear

-       Tarefa

-       Unisex

-       Vagalume

-       Xaneiro

-       Zapataría

Iniciar sesión

CRON